Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (I)

Cuberta+lomboFidel Vidal. Mallarmé é o creador dun impresionismo literario. Escribiu que a súa intención era “pintar non a cousa, senón o efecto que produce”, polo que o verso non debía comporse de palabras, senón de intencións e que, ante a sensación, se borrasen todas as palabras. O depresivo Juan Ramón Jiménez, malia aceptalo como un poeta artificial (arte con oficio) mais un poeta indiscutible, referíase a el coma o “triste Mallarmé”, un poeta na procura dun alén da idea pura, detrás da invención dunha nova poética.

I. O libro sen autor.

Mallarmé albergaba un soño tolo: para escribir un libro, o “Libro”, supoñía que abondaba só con satisfacer a necesidade de adoración dos seus contemporáneos. Tamén pensa que, ao non haber sociedade sen cerimonias colectivas, a misión do poeta é ofrecer “un culto capaz de cumprir co espírito moderno”, así o resume Quentin Meillassoux en Un Coup de dés, ou a divinización materialista da hipótese (Euseino?, 2017, tradución de Carlos Lema). Un conxunto cerimonial con minuciosos detalles debía enmarcar a lectura pública. “O que me deixa abraiado na obra deste poeta é que a súa relación cun Azar entendido como insuperable non o fai renunciar á esperanza do divino -e iso dunha forma extraordinariamente orixinal que deseguido vou tentar desvelar”. “O materialismo, en efecto, non consiste en negar os deuses senón en materializalos.” (Q.M., p. 11)

Coa mesma idea do “Libro” teimaba Pessoa, e hai un paralelismo con Mallarmé ao asociaren ao libro “unha noción de totalidade, no sentido de completude da obra e de expresión total do real. Máis alá deste trazo, o que principalmente os une é o modo como a obra efectivamente realizada contrasta cunha idea proxectada no futuro e como esta proxección é constitutiva desa mesma obra” (P. M. Pimentel, Os livros de Fernando Pessoa).

descargaDo “Libro”, sen embargo, nada de nada, non houbo ningúnPorque a poesía estaba a ser vencida pola desintegración (A.Dagli Orti). A intocable métrica francesa do alexandrino está en crise: o “verso libre” toma o mando. (Non esquezamos que o dodecasílabo alexandrino francés non difire en nada do seu homónimo tetradecasílabo castelán, galego ou italiano; a súa aparente diferenza silábica de 12 a 14 débese á diferenza na conta métrica entrambos idiomas). A pregunta entón é: como podería a poesía converterse nun novo rito social cando a súa propia liturxia se está a desfacer?

A literatura consiste en eliminar o señor que queda ao escribila. Nisto vai concordar Roland Barthes (A morte do autor), quen afirma que foi Mallarmé o primeiro en decatarse da necesidade de substituír pola propia linguaxe a aquel que se supuña o seu dono: “Sabemos que para devolverlle o seu porvir á escritura hai que lle dar a volta ao mito: o nacemento do lector págase coa morte do Autor”.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Fidel Vidal, Poesía. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Un Coup de dés, de Mallarmé. Apuntamentos (I)

  1. Fidel Vidal di:

    Cando se pecha o libro, este ábrese nos corazóns sensibles coma o teu, miña atenta Magdalena. Grazas polas túas aportacións que enriquecen o meu texto. Os “Apuntamentos” sobre o poema de Mallarmé teñen continuidade.
    E ACASO A ROSA CAE.
    Bo Nadal.

  2. Magdalena di:

    Querido Fidel: voy a empezar esta entrada con una frase de Mallarmé que ayer por la noche estuve buscando en mi libreta de autores franceses; es así : “¿ Sabéis lo que es escribir ? Una antigua y muy vaga, pero celosa práctica, cuyo sentido yace en el misterio del corazón”.
    Encaja muy bien con el pensamiento de que, “escribir un libro es lo de menos, lo importante es el efecto que le produce al lector”. Para él, “el verso no debe componerse de palabras sino de intenciones”. Y es verdad, porque el libro para ser bueno debe sugerirnos reflexiones y hacernos viajar por la fantasía ya que el autor debe sacar de su cabeza sus mejores pensamientos para hacer que abramos ese libro con interés y luego lo cerremos con provecho.
    Y acabo con otra de sus frases. “Un poeta es la persona que se asombra por todo” y yo pongo una coletilla: Y, tiene que hacer que el lector se asombre con lo que él escribe.
    Besiños cargados de aires navideños, Fidel y, ARRIBA LA BIRRA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>