Fidel Vidal. Dada a súa universalidade, a lei exclusivamente humana da prohibición do incesto, ten que ver coa natureza, e de valor semellante, segundo Lévi-Strauss (Tristes trópicos), “coa bioloxía, ou coa psicoloxía, ou con ambas as dúas; pero non é menos certo que, como regra, constitúe un fenómeno social e que provén do universo das regras, é dicir, da cultura, e en consecuencia atinxe á socio-loxía, onde o obxecto é o estudo da cultura”. Mais a lei pódese infrinxir dunha forma consciente e intencionada e mesmo, inconscientemente, durante o soño ao permitir a súa realización como expresión onírica dun desexo reprimido Seguir lendo Sobre a prohibición do incesto
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Natureza e cultura
Fidel Vidal. A natureza non sabe de prohibicións inscritas nunha lei. Os cans, malia a insistencia dos criadores en lles organizar unha xenealoxía, non obedecen, agás pola forza ou adestramento, as prohibi-cións propostas polos amos. Quen manda é o instinto. A lei da prohibición do incesto é un invento puramente humano que vai pór unha barra, unha barreira, entre cultura e natureza. Seguir lendo Natureza e cultura
Paa-taa-ta!
Fidel Vidal. “Antes de toda palabra o neno ri. O mecanismo fisiolóxico da risa está sem-pre vinculado ao sorriso, e este coa distensión, cunha certa satisfacción”. Rela-cionada precisamente co que Lacan denomi-nou o “máis alá” da demanda e do inmedia-to. A resposta muscular que xera un sorriso espontáneo (ou de Duchenne) é produto dun impulso xerado nos ganglios basais como resposta a procesos do sistema límbico Seguir lendo Paa-taa-ta!
Fillos abandonados
Fidel Vidal. Sen amor e sen coidados os fillos carecerán de afectos que compartir na vida. De haber amor e este se perde, buscarase noutro lado, incluso na transcendencia dun deus. Aquí ninguén se pode meter, é cousa exclusivamente de cadaquén. Un deus en exclusiva, esixente, tan esixente e egoísta, non vai permitir outra presenza que a del, ser todo en todo, e no caso do místico loitará por lle dar gusto, intentándoo por todos os medios: sen comer -o xaxún purifica-, sen sentir –se acaso a dor do silicio para sosegar os apetitos do corpo-, sen ver –“nós estamos por non ver”-, sen saber –só a fe fainos sabios-, en fin, non ser, ou ser nada para que Deus sexa todo. Seguir lendo Fillos abandonados