Fillos abandonados

imagesFidel Vidal. Sen amor e sen coidados os fillos carecerán de afectos que compartir na vida. De haber amor e este se perde, buscarase noutro lado, incluso na transcendencia dun deus. Aquí ninguén se pode meter, é cousa exclusivamente de cadaquén. Un deus en exclusiva, esixente, tan esixente e egoísta, non vai permitir outra presenza que a del, ser todo en todo, e no caso do místico loitará por lle dar gusto, intentándoo por todos os medios: sen comer -o xaxún purifica-, sen sentir –se acaso a dor do silicio para sosegar os apetitos do corpo-, sen ver –“nós estamos por non ver”-, sen saber –só a fe fainos sabios-, en fin, non ser, ou ser nada para que Deus sexa todo.    

Velaquí esta cadea de sinónimos: o cantor, o deus do son, a estrela matutina que canta, o creador, o deus da luz, o sol, o lume, o amor.  Dentro dos sinónimos mitolóxicos temos: fogo, sol, deus, pai.

Bruno Bettelheim (A fortaleza baldeira) apréndenos que os nenos autistas séntense abandonados por completo. Cren escapar ao destino de Edipo cortando absolutamente todo contacto coas persoas. Edipo non cometería parricidio se lle dixeran a verdade, se lle fixeran saber quen era o seu pai. Mais deberíamos preguntarnos de novo polo pai, por cal pai? Ou, quen demos era o seu pai verdadeiro? Tratamos do verdadeiro pai, non do da lei. Porque o pai da lei está destinado a morrer, e o fillo –que, agás polo sangue, non o é nin nada ten que ver con el-, está destinado a matalo. Velaí a maneira de alcanzar un castigo, non por matar o pai, que merecía a morte, senón por saber. A cegueira castradora do home destinado a matar precisamente a un asasino.

lonely-604086_640-500x333Os bebés necesitan luz para ver e vivir neste mundo, é dicir, “fai falta luz para comprender o que ocorre nas tebras do seu inconsciente”. Mais se houbese suficiente luz, “o que descubrirían sería tan terrible, que se quedarían cegos”. Os que buscan e achan a verdade oculta corren o risco de ficaren cegos. Polo tanto máis vale non buscala. Tamén iso significa ser cegos cara a verdade. É imposible aceptar a cegueira porque hai un desexo de ver, de comprender e, ao mesmo tempo, angustia polo temor a ser castigado.

Perdura a historia do amo que mantén o poder despois da morte cun único obxectivo: castigar. A lei interiorizada como prohibición desde dentro. Bettelheim ábrenos os ollos ante o conflito do Edipo, Rei, cando nos explica –e non está de máis recordalo- que a historia de Edipo pódese resumir como segue: “Sucederalles unha traxedia aos pais e aos fillos se os pais abandonan os fillos e non lles dan ningún lugar na súa vida íntima”.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, Fidel Vidal. Garda a ligazón permanente.

2 respostas a Fillos abandonados

  1. Como siempre, tus posts son muy sugerentes.
    Éste remite de nuevo a Dios y a su relación con lo paterno, ausente, deseado, inalcanzable.
    Es la lógica freudiana. Pero la “stella matutina” alude más bien a lo femenino, a la diosa, a la virgen madre de Dios, aporía suprema.
    Hay algo que me evoca tu post y es la ambivalencia del nombre. El segundo mandamiento bíblico alude a una cara de esa ambivalencia, a no tomar el nombre de Dios en vano, a no nombrarlo; en los evangelios también se defiende que ha de bastar la palabra humana, sin necesidad de jurar, de hacer de Dios testigo. Los místicos irían en ese sentido. Es necesario callar, recogerse en el silencio y entonces será posible lo que decía Santa Teresa: sólo Dios basta. Pero sólo por decir algo, algo que en los Upanishad se expresa como “tú eres eso”. Basta así.
    La otra cara de la postura ambivalente es la que parece que tomaron los adoradores del nombre, los recitadores de la oración de Jesús, con cuya invocación continua, como jaculatoria perenne, sencillísima, asociada al ritmo respiratorio, parecían provocar la presencia divina, dándole, en cierto modo, existencia. A Dios, al infinito. Un hermoso libro, “El nombre del infinito” recoge la íntima relación entre esa oración y el interés matemático por el infinito mismo. Como si, al nombrar, se diera existencia (algo antiguo en el mundo mágico, por otra parte) a lo incomprensible y necesario.
    Quizá haya cierta relación, no lo sé, entre ser místico y ser autista. Lo decía Lao Zi, los que saben no hablan.
    Un abrazo,
    Javier

    • Fidel Vidal di:

      Moitas grazas, Javier, polas túas reflexións, sempre de gran interese e moi estimulantes.
      Naturalmente, Deus, pai, rei (polas graza de Deus), mestre, garda da porra, cadea de nomes (a metáfora do Nome do Pai) para daren paso (cousa que non sucede a cotío) aos fillos, á fratría, ao goberno dos “pares”: aquilo da revolución francesa (liberdade, etc). Deus (rei, pai, etc), ou non está ou afoga a aquel que o segue (non ser para ser todo n’El).
      Tampouco eu coñezo a relación (se é que hai algunha, que penso que non) entre un “autista” e un “místico”. De habela pode vir dada, no caso do padecemento da psicose, pola involuntaria “ausencia da palabra”, e no outro, naqueles que pretenden alcanzar á máxima identidade con Deus, pola vontade intencionada de seren “na Súa palabra”, a de Deus”. Á fin, estamos (estou) a falar de traballos da linguaxe. E do silencio implícito.
      Unha forte aperta,

      Fidel

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>