Dos arquivos xeométricos, de Xosé Díaz Díaz

libros_2802X. Ricardo Losada. Están a piques de converter en museo a casa de Rafael Dieste en Rianxo. Paréceme ben, pero agora, cada vez que paso por diante, apodérase de min un sentimento de tristeza. A casa de Dieste é, quizais, a casa con máis vida intelectual, artística e social da historia de Rianxo. Dieste medrou nun ambiente cosmopolita pois, cando naceu, a familia acababa de chegar de Brasil. O famoso periódico El Barbero Municipal, co mesmísimo Castelao á fronte, editábase no baixo da casa. As visitas de profesores universitarios eran constantes e as conversas dun nivel intelectual altísimo. Os irmáns aprendéronlle matemáticas, física e química (tiña un pequeno laboratorio) pero tamén literatura, filosofía, historia e música (tocaba o piano). Ao mesmo tempo a casa, coa porta sempre aberta, estaba integrada na vida da rúa de Abaixo, e, coa fiestra tamén sempre aberta, na vida do porto e a ribeira. O mundo mariñeiro entrou con gran viveza na memoria emocional de Dieste. Para máis na casa tiña un espazo máxico que Dieste describe así: “ Aquel rellano fue siempre lugar en que se dieron cita a la vez la gran franqueza y el dilatado misterio (…) Allí aprendí a amar los planos justos con que se define el espacio, la maravilla de los ángulos, las paredes blancas, el techo de cristal, los limpios escalones que pueden contarse, doce hasta allí desde el zaguán y tres después en ángulo recto hacia el pasillo; y luego, muy liso y veloz, el pasamanos sobre el cual puede uno dejarse resbalar, resumiendo todos los números posibles, los quince, los infinitos escalones”.

     É un dos textos máis fermosos que teño lido, entre outras cousas, porque expresa moi ben a necesaria superación desa absurda distinción entre Ciencias e Letras que aínda domina a educación actual. Pero ese neno medrou, perdeu unha guerra civil, estivo nun campo de concentración e marchou ao exilio a Sudamérica, onde chegou desolado tanto pola situación persoal como pola de Europa tras a II Guerra Mundial. Pois ben. É nese momento de durísima crise persoal cando Dieste mostra, ao meu entender, a verdadeira esencia do seu ser. Emprende unha aventura intelectual moi arriscada para un home cunha formación matemática autodidacta. Intentar demostrar o V postulado da xeometría de Euclides, o das paralelas, unha demostración que os grandes matemáticos da época consideraban inviable. Por suposto, aínda que chegou nalgún momento a pensar que si, non o conseguiu. Pouco importa. O que importa é que Dieste foi fiel con ese reto á súa infancia e ás súas conviccións máis íntimas. El cría nun mundo obxectivo e coherente, cun fundamento racional capaz de resolver os conflitos e de situar unha ética obxectiva por riba de teorías políticas como a nazi, a bolxevique ou a franquista. Moi na liña de Platón, estaba convencido de que se as matemáticas carecían de fundamento sólido, como parecían indicar as xeometrías non euclídeas e a conseguinte negación da demostración do V postulado, ao ser humano só lle quedaba o Todo vale dos oportunistas sofistas que proliferan en todas as épocas. Xeometría, poesía e ética tiñan que ser conceptos intercambiables, tal e como el mesmo vivira no rellano da súa casa rianxeira, e demostrar ese postulado era unha cuestión de vida ou morte.

xosediazNon podo, xa que logo, máis que felicitar a editorial rianxeira Axóuxere pola publica-ción do libro Dos arquivos xeométricos, onde Xosé Díaz Díaz, licenciado en Matemá-ticas e doutor en Filosofía cunha tese sobre a obra matemática de Dieste, conta a extraor-dinaria aventura intelectual que levou a Rafael Dieste a dedicarse, contra o criterio de tantos amigos e da propia muller, á investigación xeométrica, deixando de lado xéneros máis seguros e rendibles. Había moitos anos que non abordaba o tema e foi un pracer volver facelo da man de Xosé Díaz Díaz, pois conseguiu algo extremadamente difícil: meterme no discorrer argumental da mente do propio Dieste, un discorrer que queda moi ben exemplificado neste extraordinario texto do escritor rianxeiro: “La gente, aun la que puede recitar alguna de las varias fórmulas del V Postulado, tiende a asimilar su posible discusión a la de un problema particular, como el de la trisección del ángulo y tantos otros que, resueltos o no, han servido de estímulo al proceso teórico de la Geometría. De ahí la conveniencia de hacer visible la amplitud del problema. Este no sólo afecta a la Geometría en su totalidad (así como al posible modo de entender el Entendimiento), sino también a la noción del Mundo, que incluye –o demanda- la de Fundamento. Un paso más en esta escala de problemas y estamos bordeando el más serio de todos: la salvación del alma. ¿Cómo puede ser esto ajeno a los intereses del poeta (o de cualquier hombre)?”. Dese xeito, o corolario que eu deduzo tras a lectura deste oportuno libro, di así: a casa museo de Rafael Dieste debe dedicarlle un dos espazos máis relevantes á figura do gran xeómetra grego Euclides e, a ser posible, o rellano. Teño para min que cando Dieste falaba da poética das paralelas pensaba naqueles dous pasamáns (un real, outro imaxinario) polos que esvaraba na súa nenez rianxeira.

Esta entrada foi publicada en Ensaio, X. Ricardo Losada. Garda a ligazón permanente.

3 respostas a Dos arquivos xeométricos, de Xosé Díaz Díaz

  1. x ricardo losada di:

    Prezadas Carmen e Magdalena:
    Permitide que, polo tema, volva numerar os parágrafos:
    1- Creo que todos temos un lugar especial na memoria para ese lugar especial da casa da nosa nenez. Aparece en case todas as autobiografías. Eu recordo con moita intensidade o descanso das escaleiras que levaban ao faiado. Sentaba nos chanzos e naquel descanso despregaba mapas, facía os deberes, xogaba ás bolas, facía solitarios… O texto que cito de Dieste sobre 0 “rellano” supuxo para min unha auténtica revelación cando o lin hai moitos anos.
    2- Comprendo e valoro a función dos museos, pero iso non impide que me produzan unha enorme tristeza. Supoño que será unha manía, pero emocionalmente prefiro que o destino dunha casa sexa o abandono ou as ruínas que un proxecto museístico.
    3- É moi fermoso, Magdalena, o contido do teu comentario. Ese “yo no sé nada de números (…) pero a pesar de eso las ciencias me parecen muy bonitas” debería estar gravado nas portas de todos os centros educativos. A Dieste encantaríalle.
    4. Gauss é un personaxe extraordinario, moi do gusto de Dieste, aínda que iso de que a matemática é a raíña das ciencias habería que matizalo moito. A anécdota é tamén moi significativa. Insisto en que lle poñas prezo a eses cadernos cheos de citas e anécdotas.
    5- Tendo en conta que os bos profesores se miden polo nivel dos seus alumnos, e que Magdalena insiste en considerarse alumna miña, acepto que son un bo profesor.

    Unha aperta agradecida para as dúas

  2. A mí sólo me queda añadir: ¡Dios, qué gran alumna para tan buen profesor!
    Un abrazo a los dos.

  3. Magdalena di:

    Querido profesor: A mí, también me parece fantástico que la casa de Dieste la conviertan en un museo, y no será en absoluto motivo de tristeza, porque será un aliciente más para visitar el bonito pueblo de Rianxo . Triste me ha parecido ver en Luarca la preciosa casa de don Severo Ochoa convertida en una cetárea de marisco. Realmente me parece hermoso ese texto que citas, y en cierta manera reconocible, porque me acuerdo de mi espacio preferido en la casa donde yo nací. Nunca osé bajar por el pasamanos ni el techo era de cristal, pero ese lugar en donde yo pasaba muchas horas, estaba en el primer piso entre dos habitaciones; allí había una estantería cubierta con unas cortinas floreadas donde había muchos libros y también desde aquél espacio hasta la planta baja había 15 escaleras. ¡ Ah ! la puerta siempre estaba abierta o con la llave metida en la cerradura. A pesar de la precariedad de entonces, la gente necesitada prefería mendigar, que robar.
    ¿ Absurda distinción entre ciencias y letras ? Es posible que tengas razón. Yo no sé nada de números, si tuviera que resolver un problema con decimales no sabría hacerlo, pero a pesar de eso las ciencias me parecen muy bonitas. Cuando leí tu artículo me acordé de una anécdota que tengo apuntada de Gauss que ilustra la facilidad que él tenía con los números. Cuando tenía nueve años su profesor propuso a los alumnos que sumaran los cien primeros números naturales, con la seguridad de que tardarían en resolverlo el tiempo suficiente para que él pudiera tomarse un descanso. Mientras que los demás alumnos se habían puesto a la tarea, en pocos segundos Gauss dejó su pizarra sobre el escritorio del maestro. ¡Ahí está! dijo. El profesor pensó que Gauss estaba siendo insolente, pero cuando miró la pizarra vio que la respuesta, 5050 estaba allí, sin un solo paso de cálculo. Gauss se había dado cuenta de que la primera cifra (uno) y la última (cien) sumadas daban la misma cantidad (ciento uno) que la segunda y la penúltima, y el razonamiento se podía proseguir sin problema, o sea, 1 + 100 = 2 + 99 = 3 + 98 = … = 50 + 51 = 101, con lo que tenía 50 parejas de números que sumaban 101 y cuyo producto es 5050. Gauss había aplicado, por supuesto sin saberlo, la fórmula de la suma de los términos de una progresión aritmética. Citando sus propias palabras, querido profesor: “Las matemáticas son la reina de las ciencias y la aritmética es la reina de la matemáticas”.
    Bonita frase de uno de los diez matemáticos de la historia que bien podría ser de un hombre de letras.
    Besiños matemáticos con letras galegas,

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>