Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Locos, de Luis Arencibia e Leopoldo María Panero

locos

Fidel Vidal. En novembro de 1990 o pintor Luis Arencibia entra no manicomio de Leganés para debuxar os enfermos. Realizou cincuenta retratos a lapis dos que, dunha ducia deles, fixo cadanseu gravado. O resultado forma parte deste singular volume, Locos (Casset, 1992), composto polos doce debuxos e os seus correspondentes augafortes, e unha contribución especial de Leopoldo María Panero, con seis poemas, un conto e unha entrevista con Eneko Fraile (publicada con anterioridade na revista Quimera) onde, ao ter borrado da memoria o capítulo da infancia, intervén a súa nai Felicidad Blanch para nos descubrir que o seu fillo Leopoldo, con tres anos, xa recitaba poemas sen antes ter escoitado nin lido ningún. Seguir lendo Locos, de Luis Arencibia e Leopoldo María Panero

A crenza

cuadroFidel Vidal. O coñecemento, mesmo o ser, non se facilita só a través da crenza. Para Georg Simmel, Deus sería unha palabra baleira de se poder afirmar a súa realidade, mais non amosar aquilo que é real baixo ese nome. Soamente se cre. A forma de crer só é efectiva na alma. Unha forma de crer nun Deus sen forma, é dicir, in-formal. En oposición a calquera cousa particular admisible, Deus é a “pura Nada”.  Seguir lendo A crenza

Lei e gozo

fe2Fidel Vidal. Este é o primeiro e único principio da ética sexual: o acusador nunca ten a razón, afirma Adorno. A presenza do pai non só impón represión sobre a posta en acción do acceso ao gozo senón tamén, mediante a interiorización simbólica -simbiótica- propón a veda, a inserción da Lei, a lei da prohibición do incesto, coa máxima expresión precisamente cando falta o pai. No seu lugar haberá un oco, un baleiro convertido en metáfora: a metáfora do Nome do Pai. Seguir lendo Lei e gozo

A mirada interior

mirada2Fidel Vidal. Existir, ex-sistencia, é un “nacer”, unha forma de saír dun determinado sitio, para estar nun “fóra de lugar” dinámico. Este non estar onde se espera, como se dun significante oculto se tratase, equivale a, como sexa, pórse noutro lado, nun outro lugar. O obsesivo teima por colocar cada cousa no seu sitio e ter un sitio para cada cousa, unha maneira inconsciente de se desculpar por culpa dunha (suposta) falta cometida. Seguir lendo A mirada interior