Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Mística da tebra e do baleiro

mística1Fidel Vidal. A vida mística comeza por evacuar da conciencia a pluralidade de obxectos que hai nela permitindo así o normal movemento da atención. Para Ortega y Gasset, en san Juan de la Cruz o punto de partida para todo avance ulterior é “a casa sosegada”. Sosegada de que? Aliviada do desacougo. Non hai arroubo místico sen previo baleiro da mente. Por isto mandaba Deus -di frei Juan-, que o altar onde se farían os sacrificios estivese “de dentro baleiro”, “para que entenda a alma canto libre a quere Deus de todas as cousas”. Ou con palabras máis fermosas: “Yo no guardo ganado”, isto é, non me entretén ningunha preocupación. Seguir lendo Mística da tebra e do baleiro

Amor platónico e amor místico

la llamaFidel Vidal. Estamos a seguir os pasos guiados da man de Octavio Paz no seu excelente volume La llama doble, Amor y erotismo (Galaxia Gutenber, 1997). Acompañado dunha selecta iconografía trata dunha viaxe poética a través da historia literaria do amor. Nel aprendemos que Platón, tamén poeta, é o fundador da nosa filosofía do amor. “A súa influencia aínda persiste, sobre todo pola súa idea da alma”. No entanto, o amor de Platón non é o noso. “Incluso pódese dicir que a súa non é realmente unha filosofía do amor senón unha forma sublimada (e sublime) do erotismo.” (páx. 43) Seguir lendo Amor platónico e amor místico

O derradeiro día dun condenado, de Victor Hugo

derradeiroFidel Vidal. Seguida do relato Claude Gueux, O derradeiro día dun condenado de Victor Hugo (Laiovento, 2017), con tradución, introdución e notas de Henrique Harguindey, é un exercicio extraordinario de introspección escrito por un reo que agarda a hora da execución, e unha alegación a prol da abolición da pena capital. Desta narración Dostoievski dixo: “É a máis real e a máis ateigada de verdade de todas cantas obras el escribiu”. Aos catorce anos Victor Hugo escribiu nun caderno que quería ser Chateaubriand ou nada, e alcanzou ser nada menos que Victor Hugo (1802-1885). Harguindey comenta na Introdución a enorme influencia que o autor “exerceu en defensa dos dereitos humanos, da paz, da igualdade, en contra da miseria”. Seguir lendo O derradeiro día dun condenado, de Victor Hugo

Camuflaxe, de Lupe Gómez

camuflaxeFidel Vidal. Se hai unha palabra para definir a Lupe Gómez é a de escritora. Porque Lupe escribe cartas, postais, detrás das fotos, en follas de almanaque, de cadernos, en papeis de bares, tarxetas de museos, en mensaxes de móbil. E mesmo unha novela ou unha entrevista, unha obra de teatro e, sobre todo, poemas. A súa voz resoa libre como unha fervenza rompedora: O atraso económico de Galicia / era unha forma de vangarda artística. Desde Pornografía até esta súa derradeira publicación, Camuflaxe (Chan da pólvora, Santiago de Compostela, 2017), xamais deixou de escribir. Seguir lendo Camuflaxe, de Lupe Gómez