Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Álbum Proust

albumFidel Vidal. O Álbum Proust é un libro para amantes e admiradores do autor da Recherche. Editado por Mondadori España en 1988, trátase dun pequeno e fermoso volume con abundante iconografía, ordenada e comentada por Luciano De Maria, que nos compaña polas paisaxes que contemplou e pisou Proust e polas casas e estancias nas que viviu ou visitou. Ofrécenos tamén unha serie de fotos familiares e reproducións de manuscritos, así como unha imaxe de Elisabeth de Gramont, posible modelo da súa duquesa de Guermantes e algúns cadros e debuxos. Destes destacamos o famoso retrato do autor coa camelia no ollal da solapa, de J-E. Glanche, un escorzo de Cocteau asinado por  Picasso Seguir lendo Álbum Proust

Literatura, desexo e orfandade

juan_cruz03Fidel Vidal. O desexo é algo que se ten e non se ten. Que se ten como falta e non se ten como posibilidade. Mentres o desexo se move no devir do eu, a demanda fai que o suxeito sexa. De onde xorde a falta? E de que falta estamos a falar? André Gide, Fernando Pessoa, Manuel Antonio, foron orfos de pai desde moi cativos. Manuel Antonio procurou, inconscientemente, a través da enfermidade e da morte, unha identificación coa figura do pai (O sol da tristeza, Espiral Maior, 2010). Algo semellante sucedeulle a san Juan de la Cruz. Seguir lendo Literatura, desexo e orfandade

Tradución, alento e maxia das palabras

arteFidel Vidal. Traducir é pasar dunha lingua a outra determinados textos. Traducir, transducere, conducir, é un xeito de traslado máis que de cambio, un paseo, un paseo por unha ou por dúas ou máis linguas. Walter Benjamin afirma que a tradución favorece o salto por riba da lingua propia, pero ese acto implica unha incomprensión e unha fronteira infranqueable no nivel musical da lingua, incluso sen falar de poesía. A Poética, a diferenza da Lingüística e da Filosofía, esixe o seu propio ser, o “de seu” que diría Zubiri. E se ao ser nos remitimos, ante calquera estrofa ou verso, ante calquera palabra, entramos “na imposibilidade da tradución considerada como correspondencia, calco, equivalencia, translación, empatía, etcétera, segundo o costume normal dos tratados teóricos e prácticos. Seguir lendo Tradución, alento e maxia das palabras