Literatura, desexo e orfandade

juan_cruz03Fidel Vidal. O desexo é algo que se ten e non se ten. Que se ten como falta e non se ten como posibilidade. Mentres o desexo se move no devir do eu, a demanda fai que o suxeito sexa. De onde xorde a falta? E de que falta estamos a falar? André Gide, Fernando Pessoa, Manuel Antonio, foron orfos de pai desde moi cativos. Manuel Antonio procurou, inconscientemente, a través da enfermidade e da morte, unha identificación coa figura do pai (O sol da tristeza, Espiral Maior, 2010). Algo semellante sucedeulle a san Juan de la Cruz. Rexeitado o seu pai, Gonzalo Yepes, polos propios parentes a causa do matrimonio con Catalina (que resultaría ser unha nai exemplar e extraordinaria), morreu pobre despois de dous anos dun intenso sufrimento deixando, sós e na miseria, unha viúva con tres cativos.

Juan, o máis pequeno dos irmáns, para paliar a extrema pobreza onde caeran, converteríase axiña nun “neno da Doutrina”, para máis adiante entrar na Universidade. Co tempo transformaríase nun Carmelita descalzo rodeado de cruces e caveiras. A pobreza e a morte, sempre presentes, seguirán ao axexo e á vista. A busca dunha imaxe paterna e a necesidade dese amor (por amor na experiencia da sacrificada nai) vai ser un importante elemento a ter presente na obra do santo.

O neno André Gide, entre a morte e o erotismo da masturbación, só ten do amor a palabra protectora e prohibitiva. A morte levou, co seu pai, aquilo que humaniza o desexo. Ao non poder alcanzar a práctica carnal, no seu lugar farase unha pera mental. Entendemos agora o das peras mentais? Por iso -di Lacan (Suplemento de Escritos)- o desexo está confinado, para el, á clandestinidade: desexo e orfandade, carencia e privación.

orfandadNada do desexo, que é falta, pode ser pesado nin pousado en bandexas, como non sexan as da lóxica, mais dunha lóxica especial. “A miña mágoa non irrompeu até que vin a miña nai de pleno loito (…) E de súpeto sentinme envolto por todo ese amor, que a partir de aí se pechaba sobre min.” (Gide)

O hábito, igual que a máscara (persoa), amosa a realidade do suxeito en vez de a ocultar: ser pobre entre os máis pobres, sen alpargatas, descalzo. Sen pedir ren e dándoo todo, é dicir, nada, porque é a carencia a nota fundamental do suxeito, a falta constante que dinamiza a busca continua. Aqueles que, por teren unha máscara de aluguer, persuádense que por iso teñen un rostro, pensan: “Literatura!”, “sen sospeitar que niso exprésase o seu problema tan persoal, que é, sinxelamente, o problema da persoa”. O ideal do eu, di Freud, píntase nesa máscara complexa e fórmase coa represión dun desexo do suxeito, pola adopción do inconsciente da imaxe mesma do Outro.

2 comentarios en “Literatura, desexo e orfandade

  1. Apreciado Fidel:
    El juego de palabras que habitualmente manejas me encanta porque me hace pensar, tuve que releer varias veces para así poder captar o asimilar lo que expones. Las primeras líneas de tu artículo verdaderamente me han hecho cavilar como si de una adivinanza se tratase. En las clases cognitivas a las que asisto cada jueves nos mandan hacer funciones ejecutivas de un nivel de dificultad media, pero te aseguro que hago trabajar más a mis neuronas leyendo los artículos de Café Barbantia que lo que aprendo en las citadas clases.
    ” A morte levou, co seu pai, aquilo que humaniza o desexo”. Como frase es preciosa pero, la posesión es el sepulcro del deseo porque las cosas pierden al ser poseídas todo el valor que tuvieron al ser deseadas. Yo creo que es más bonita la ternura porque es el reposo de la pasión.
    Buenas noches Fidel, que el deseo y la ternura puedan vivir juntos y ambos te acompañen .

    1. Pois diso se trata, Magdalena, de xogar. Apostemos polo lúdico aínda que unha frase non se entenda de vez. De aí que sinta certa atración por determinados autores, sexan estes poetas ou novelistas, mesmo filósofos. Dar voltas a unha idea, pararse ante unha palabra, xogar ás asociacións, dar coa etimoloxía, etc., pode ser unha delicia.
      Grazas polas atencións. Sauidiña e paixón polos textos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *