Doutor, John Ford abúrreme!

fort-apache-cartel-peliculaX. Ricardo Losada. Nunca pensei que chegaría a dicir isto. As películas clásicas de acción abúrrenme, parécenme mal feitas e enfocadas a un público naif, sobre todo as de John Ford con John Wayne presente. Dígoo como se estivese diante dun psiquiatra revelándolle síntomas dun trastorno mental grave que, agardo, non sexa irreversible. Daría un ril por volver a gozar películas como Fort ApacheRío Bravo ou Centauros do deserto. Que me pasa, doutor? Como é posible que me guste máis a acción autocrítica de Apocalypse now que a acción pura de Morreron coas botas postas? Hai algunha enfermidade rara que o explique ou estou inaugurando un novo síndrome psiquiátrico, algo así como unha fobia intelectual á felicidade infantil?

Non sei que pensar. E desespérome porque, se puidese escoller un lugar do meu pasado ao que viaxar, sería a unha daquelas sesións continuas do cine da miña nenez. Teño películas na memoria emocional á altura dos mellores amigos ou de moitos familiares. Mogambo, por exemplo. Fixádevos como é a cousa que o único nome impropio que a muller me deixa chamarlle nos momentos íntimos é Ava (por Ava Gardner, a protagonista desa película). Pode que ela escoite Eva, o seu nome, pero, como non son otorrino, nunca llo preguntei. O caso é que hai anos que non vexo esa película, e non penso vela ata que estea curado. Se me decepcionase, non sería o mesmo nunca máis.

Botas_posterQue me pasa, doutor? Porque, para máis, o lóxico sería o contrario. Cando un vai vello tende a pensar que tamén envellece todo o que o rodea, e ve o pasado mellor do que realmente foi, e o presente peor do que realmente é. Así, pola idade que teño, debería deprimirme o cine actual e gozar aínda máis do cine clásico. Por que, entón, me aburre? Non o sei, pero o outro día lin nun poema unha imaxe durísima que me impactou: un adulto que se dirixe en cadeira de rodas cara á súa nenez. Quizais sexa iso, pensei. Agora vexo o cine estomballado e inerte nun cómodo sofá. Nas butacas do cine da miña nenez, vendo as películas de John Wayne, aínda sentado, sempre tiña a sensación de estar, coas mans no cinto, de pé.

4 comentarios en “Doutor, John Ford abúrreme!

  1. Sólo el punto cuatro. Vuelve a escuchar la banda sonora de ” La misión ” no te decepcionará. La música de Morricone sea cual sea, nunca frustra y esa en particular es una maravilla.
    Otro punto para mi prima (si me lo permites) Cuando vi ” Zorba el griego ” yo creo que aún no había cumplido los 16 años y recuerdo lo impactada que me dejó aquél culo blanco danzando el sirtaki por la playa. En aquellos tiempos aún no existía el striptís.
    Sin más, saludos para Av… quiero decir para Eva.
    Bicos palmeiráns profesor

  2. Prezadas Carmen e Magdalena:

    1- Dá gusto que o artigo de pé a opinións tan distintas. Debe quedar claro que sigo considerando un extraordinario director a John Ford. O único que intentaba constatar era unha experiencia persoal. Teño máis a sensación de que lle fallei eu a el que el a min. Para protexer a miña infancia, quizais? Quen sabe.
    2-Eu, cando vexo unha película, non me programo. NOn son capaz de dicir Vas ver unha película chea de “mojigaterías y perogrulladas”, dáte conta que o son e déixate ir. Déixome ir desde o principio e, coas películas de John Ford, a reacción é a que conto no artigo. O mesmo me pasa respecto a se a película é sesuda ou lixeira. Déixome ir. Hai películas sesudas que me desesperan e outras que me encantan, e o mesmo podo dicir de películas lixeiras. A posteriori podo intentar dar unha explicación (sempre insatisfactoria), pero esa explicación xoga noutro nivel, desde o meu punto de vista, secundario.
    3- Pode que sexa un autoengano, pero creo que Ava Gardner non me gustaría fisicamente tanto se non fose tan boa actriz. Por certo, Joseph Cotten é un dos meus actores preferidos. HOubo unha época da miña nenez en que desexei mirar o mundo tal e como o miraba el.
    4- Unha das bandas sonoras que máis me impresionou na miña vida foi a de A misión.
    Pero é curioso. Hai anos que non a escoito e, non sei por que, tamén teño medo a que me decepcione.
    5- Ava, Eva. Eva, Ava. E. A. A.E. Que manía en ver sempre o que separa. Eu sei que a miña muller fíxase máis no que as une: va. Eu tamén.
    Apertas rianxeiras sempre agradecidas

  3. Para Magdalena y Ricardo:
    A mí me gusta ver de cuando en cuando películas que te obligan a poner en funcionamiento la sesera. Pero también es muy sano reírte de las mojigaterías y perogrulladas de películas como “El hombre tranquilo”.
    Hubo una época en la que me daba por comprar películas antiguas –desde Chaplin a la que acabo de mencionar, pasando por Cantinflas, que también tiene su filosofía-, sobre todo las que me traían algún recuerdo especial: Lilí, por ejemplo. Lo que me falta es tiempo para poder disfrutarlas.
    El otro día me dio por ver “Zorba el Griego” en un viejo televisor que conservo para proyectar películas grabadas en cinta, y creo que valió la pena –dejando de lado los problemas existenciales que presentaba, de los que estoy saturada últimamente-, aunque solo fuese por el sirtaky de Anthony Quinn.
    Respecto a “Mogambo”: si continúa con los apaños que le hicieron en su día a causa de la censura, seguro que nos íbamos a reír a gusto. El caso es que, para ocultar una infidelidad conyugal, los censores cayeron en un pecado mucho peor: el del incesto. Cuando la vi noté que algo no estaba en su sitio, pero no sabía decir qué.
    Magdalena menciona a Jeremy Irons… Una película de este actor que dejó huella cuando la vi es “M Baterfly”. La tengo, pero no he vuelto a verla.
    “La Misión”… ¡Preciosa película!
    Mañana me espera una jornada movidita. Lo mismo que a Magdalena. Aunque creo que le gano por mayoría. Ella me entiende…
    Boas noites.

  4. ¡¡ Hola profesor !! Hoy me siento muy identificada contigo, a mí me ocurre exactamente igual con las películas del Oeste que antes tanto me gustaban. Una de mis favoritas era ” Duelo al sol ” y hace unos años he vuelto a verla y me pareció un fiasco, los únicos que se salvaban eran Gregory Peck y Joseph Cotten que estaban muy bien los dos. En cambio con la película ” La misión ” me ocurrió lo contrario, la primera vez que la vi no me gustó, y hace unos años volví a verla en la televisión y me encantó. La verdad es que tanto Robert De Niro como Geremy Irons y como no, Ennio Morricone pusieron mucho de su parte.
    Te sugiero que no veas ” Mogambo ” a no ser que te apetezca ver nuevamente a ” El animal más bello del mundo ” eso quizás merezca la pena porque, además de bella, era muy buena actriz, quizás hermosura le haya restado talento a vista del espectador, pero nada más lejos de la realidad. ¡¡ Ah !! y ten cuidado con la alteración del nombre, pues aunque sólo haya una letra de diferencia, Eva, Ava, Ava, Eva, también de -casada a cansada- sólo hay una, y no vaya a ser que la casada se canse de pensar que en la testa de su cónyuge hay una A que está de sobra.
    Buenos días querido profesor

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *