Logofaxia

logofaxiaFidel Vidal. Cando a ciencia contemporánea despoxa o ser humano da súa condición metafísica, o fulgor da palabra rescata o home do seu empobrecemento e desdicha, afirma Juan Goytisolo. Freud en O porvir dunha ilusión atribúe a orixe do sentimento relixioso ao feito simple e directo da sensación de estarmos ante “o eterno”, que caracterizará como “sentimento oceánico”. Sentimento que expresan as obras dos místicos, aqueles cuxa existencia vén caracterizada polo feito de que os obxectivos do principio de pracer, a busca do gozo máximo e a evitación da dor, non se poden alcanzar en razón á orde natural. Lacan retoma a cuestión da experiencia mística porque entende que ela contén, xunto coa arte, a posibilidade de revelar ese plus de satisfacción que move o desexo humano e que denomina “gozo”, como revela a arte barroca, a única, segundo este autor, que o pode invocar ou evocar.

O místico é aquel que escolle a vía de iniciación e se propón rexeitar o gozo. Obxectivamente non se podería situar mellor que con aquilo que nun pasado chamouse ser un santo. Ser santo durante a vida non impón o respecto que outrora lle valía unha aureola. Ninguén o nota cando segue a vía de Baltasar Gracián, ao non cegar abraiando. “Só o santo permanece indiferente a el, o gozo non é nada para el” (Lacan).

En quen, e en que, se mantén o discurso e se detén a palabra? Quen fala? Mallarmé deu unha resposta: o que fala é a palabra mesma, non o seu sentido senón o seu ser. A pregunta seica era de Nietzsche. A palabra –reflexiona María Zambrano- non é un concepto, pois é ela quen fai concibir. Debátese sobre a “palabra materia” e a “palabra semente”. ??????????????????????????????????????????Palabra seminal e material a se incorporaren na súa manifestación, inminente, a forma e a substancia de si mesma e a proxección que a transcende no non expresado. Palabra semente que, na súa aparición, en forma de son, de escrita, acolle materia ou é materia incorporada.

Na palabra poética, “a significación sería, fundamentalmente, inminencia, xa que logo, pola súa natureza, esa palabra, ao tempo que se di, vai quedar sempre a punto de dicir”. A palabra na boca. Estamos a falar dunha palabra inintelixible, que esixe ao entendemento abandonar os trazos propios das palabras que utilizamos (Nicolás de Cusa). Palabra que nega unha función utilitaria, a linguaxe como puro instrumento, di J. A. Valente, e que apunta esencialmente cara a un saber do non saber [y quedéme no sabiendo (…) el espíritu dotado/ de un entender no entendiendo/ toda ciencia trascendiendo].

Os estoicos chamárona logos seminal: logos espermático, palabra seme. Semente. É, en rigor, o sopro do Espírito, o Pneuma, Esperma de Deus. “Non oíu nin leu. Foi nutrido. Sentouse a unha mesa. Compartiu, en rigor, un alimento”. “En efecto, a palabra cómese. A logofaxia está presente na expresión da experiencia mística” (J. A. Valente). Por moito blablablá que sexa esencialmente a linguaxe, da linguaxe proceden, pese a todo, o ser e o ter.

3 comentarios en “Logofaxia

  1. Estaba tan embebido,
    tan absorto y ajenado,
    que se quedó mi sentido
    de todo sentir privado,
    y el espíritu dotado
    de un entender no entendiendo.
    Toda ciencia trascendiendo.

    La fe que nunca falte, ni siquiera en la palabra.
    Que san Juan de la Cruz te acompañe siempre, Fidel

  2. Apreciado Fidel:
    He leído con atención e interés tu artículo para así poder argumentarlo pero, reconozco que carezco de capacidad para lograrlo. Al releerlo por segunda vez y ver que en la parte de mi cuerpo que no pertenece ni al tronco ni a las extremidades no entraba ni un resquicio de luz para razonar esa palabra a la cual se refería Goytisolo me he sentido como el estudiante de Cajal.
    Por si acaso no lo sabes, yo te lo cuento ahora mismo.
    Don Ramón y Cajal hizo una pregunta a un estudiante, como este no contestó nada, don Ramón le dijo: ¿ Tiene usted algo que añadir a su brillante disertación ?
    Y el alumno respondió: Etc, etc, etc.
    Me imagino que don Ramón sería indulgente con el estudiante pues aunque fue parco en la respuesta, ingenio no le faltó.
    Yo también pido conmiseración por mi lento raciocinio.
    Saludos palmeiráns, Fidel

    1. Miña estimada e atenta Magdalena. Desde o meu saber un tanto asilvestrado coido que non todo pode ser medido, cuantificado ou razoado. Aí está o fulgor da palabra, o esplendor na herba… A palabra poética.
      y quedéme no sabiendo
      (…)
      y el espíritu dotado
      de un entender no entendiendo
      toda ciencia trascendiendo.

      Saudiña e fe na palabra. Etcétera, etcétera, etcétera.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *