Galicia e os galegos na poesía Castelá. LIV. León Felipe

leon felipe 2Román Arén. Por nacemento, 1884, León Felipe é un home da xeración novecentista, a de Ortega y Gasset, que comezou no postmodernismo, con contaminacións ultraístas, co seu primeiro libro, Versos y oraciones del caminante (1920), pero é un poeta que non se pode adscribir claramente a ningunha corrente e unha das grandes voces cívicas da postguerra. Farmacéutico, traduciu a Eliot, foi amigo de Lorca, profesor nos EEUU nos anos trinta e leal á República. Exiliouse en México, foi amigo de galegos exiliados e o seu legatario foi o poeta galego Alejandro Finisterre. Entre as súas obras importantes están Drop a Star (1937). Dedicou un poema a Madariaga, pero tráioo aquí polo seu poema a Franco, moi coñecido, incluído en Nueva antología rota (1974). O título completo é “Al glorioso general Francisco Franco después que firmó el fusilamiento de Grimau”, onde xoga con sarcamos coa sinatura do ditador na sentenza de morte do comunista Julián Grimau:

Mi general…/¡Qué bonita letra tiene usted!/¡Oh, qué precisosa caligrafía de cuartel!/Así escriben los tiranos, ¿verdad?/¡Y los gloriosos dictadores…!/¡Qué rasgos!/¡Qué pulso!/¿Quién le enseño a escribir así, mi general?/Se dice general y se dice verdugo./Los dos tienen el mismo rango,/los mismos galones./El general se diferencia del verdugo solamente/en que el general tiene la letra más bonita/Para firmar una sentencia de muerte/hay que tener la letra muy bonita…/¡Qué bonita letra tiene usted, mi general!

O poema está datado en México o 6 de agosto de 1967.

É ben sabido que Franco, e José Antonio Primo de Rivera, foron moi cantados entre 1936 e 1950, pero tamén foi moi aldraxado o ditador, o que o converte nun fenómeno poético moi singular. Sirva este exemplo, pero para gabanza do ditador pode lerse o soneto de Manuel Machado. Tamén en galego está moi presente o tirano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *