Fidel Vidal. Margaret Atwood, con Alice Munro (Nobel de 2103), unha das máis destacadas e prolíficas escritoras canadenses, premio Príncipe de Asturias das Letras de 2008, acaba de publicar en español a novela Por último, el corazón (Salamandra, 2016). Coñecida polas súas distopías, feminista, e promotora de novas utopías, como a ecoutopía (cara a unha vida máis verde), cando lle preguntaron polo seu “compromiso coa defensa da dignidade das mulleres” e “se pode facerse desde a literatura”, respondeu: “O que me gustaría é defender a dignidade das persoas, e teño esta idea radical de que as mulleres son persoas.” Seguir lendo A noiva ladroa, de Margaret Atwood
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
As penas e os días
Fidel Vidal. Unha sociedade que promove e enaltece a competencia como rivalidade e presume de caritativa, xamais pode ser xusta nin solidaria. Sexa como for, prima conquistar o primeiro lugar, ocupar o podio do campión. Non se admite un segundo, este pódese converter nunha traxedia. Todo o mundo loita por conseguir as mellores notas, por ser dos primeiros da lista para acceder a ese emprego anhelado. Ou se acaso a posibilidade de participar con vantaxes nun sorteo de oposicións para unha praza de funcionario, poñamos, nun Concello. Seguir lendo As penas e os días
Marcados polas marcas comerciais
Fidel Vidal. Aínda que pareza contraditorio, unha marca, un suposto sinal de identificación, nunca funcionará como elemento integrador e, por moito que a luzamos á par doutros, xamais nos fará iguais. Vestir un xersei cun recoñecido emblema no peito ou beber un zume dunha determinada marca, non nos vai elevar de estatus nin nos colocará á mesma altura social a todos os seus consumidores. Seguir lendo Marcados polas marcas comerciais
Ocio e negocio
Fidel Vidal. O ocio vén definido polo concepto de inacción. Negocio, de negotium, é unha ocupación, un quefacer, derivado negativo de otium, repouso. O ocio sempre tivo mala sona. Botábaselle a culpa de ser a nai de todos os vicios. Hoxe valórase como un excelente caldo de cultivo para emprender suculentos negocios. Seguir lendo Ocio e negocio