A noiva ladroa, de Margaret Atwood

la noviaFidel Vidal. Margaret Atwood, con Alice Munro (Nobel de 2103), unha das máis destacadas e prolíficas escritoras canadenses, premio Príncipe de Asturias das Letras de 2008, acaba de publicar en español a novela Por último, el corazón (Salamandra, 2016). Coñecida polas súas distopías, feminista, e promotora de novas utopías, como a ecoutopía (cara a unha vida máis verde), cando lle preguntaron polo seu “compromiso coa defensa da dignidade das mulleres” e “se pode facerse desde a literatura”, respondeu: “O que me gustaría é defender a dignidade das persoas, e teño esta idea radical de que as mulleres son persoas.”

Non lin a última obra pero si entrei noutra titulada A noiva ladroa (Círculo de Lectores, 1993), e da que, ademais da trama e magnífica incursión sobre a vida de cada unha das catro mulleres (tres contra unha ou unha contra tres) que compoñen basicamente a novela, puxen atención sobre determinadas propostas ou  frases que, se fose un lector coa teima de subliñar, faríao. Adoito apuntar nun folio (debidamente dobrado fai de marca páxinas) aquilo que me resulta chocante ou de interese. Neste caso vou destacar o que segue.

Tony, profesora de historia en Toronto e coleccionista de palíndromos, imparte cursos como “Erros tácticos na Alta Idade Media” ou “A historia militar como construción”, afirma que o percorrer dunha guerra depende máis da importancia “doutros factores”, humildes pero non de menos valor, que dos altos mandos. Refírese aos piollos ou ás pulgas, as botas defectuosas, a lama, os xermes, e mesmo o peche das petrinas: cordóns, botóns, cremalleira, por non falar das faldras escocesas. “Un exército avanza supeditado ao estómago, pero tamén ao peche das braguetas” (páx. 43). Nunha conversa con Charis e Roz -as compañeiras do trío-, Tony, prognosticando a inminente guerra de Irak di: “Non a vexades como unha guerra, védeo como unha simple ampliación de mercados” (páx. 50).

Charis (“o ch de Charis pronúnciase como k de karma”) dá clases de ioga e traballa nunha tenda na que non se vende nada. A recesión. Unicamente un libro de cociña se salva da queima: A ola de cada día. la novia2Sopas e guisos para aforrar diñeiro. O verbo aforrar a Charis resúltalle unha palabra posesiva, que ten “algo de duro e penoso”. “Aforrar o diñeiro, como concepto, frea a xente” (páx. 85). Amiga das infusións e dos alimentos naturais, non é partidaria de dar esmola aos mendigos. Charis opina que “o diñeiro, coma os doces, é malo para a saúde. No seu lugar daríalles unhas cantas cenorias da miña horta” (páx. 250).

Roz, empresaria de éxito, separada, prefire conducir o Benz e non o Rolls para non dar que falar. Gústalle pensar que se mestura coa vida real cando vai xantar ao Toxique coas súas amigas, un “local ao que nunca iría ninguén da súa oficina, onde a xente viste roupa que ela xamais poría”. Para Roz o “real” significa “máis pobres ca ela”. É nai de dúas xemelgas adolescentes que se insultan de forma groseira: “Sobaco sen depilar!”, “Tampón fermentado!”, “Salvaslip usado!” e por aí (páx. 108).

De orixe rusa, Zenia (“o e de Zenia, pronúnciase i como en cine”), a cuarta en discordia, desaparece e aparece como saída de detrás do espello, mesmo despois de morta, para seguir molestando as vellas amigas. É unha muller malévola. A súa vida, calamitosa e aventureira, estragadora de parellas e devoradora de homes, vén marcada desde o principio. Eran tempos difíciles. De cativa a súa nai alugábaa para a prostituír: “Hai homes dispostos a pagar moitas comidas por unha virxe” (páx. 218).

3 comentarios en “A noiva ladroa, de Margaret Atwood

  1. Qué ingenio el de escribir al revés. estoy deseando leerla. Feliz 2017 para toda la familia de Café Barbantia.
    Me despido con otro palíndromo adecuado para brindar en estas fechas aunque sea con cerveza ¡¡¡ ARRIBA LA BIRRA !!!
    Salud

  2. Buenas tardes Fidel : soy socia de Circulo de lectores desde hace muchísimo tiempo , he sido también agente aquí en Palmeira desde el 81 al 91. Tengo tantos libros – cerca de 2000- que a veces no sé que pedir, leo siempre la sinopsis de casi todos los que vienen en la revista y por ahí me guío, pero ahora ya me has orientado. Compraré ” La novia ladrona “.
    Yo también soy coleccionista de palídromos como Tony la profesora de historia, por eso me interesa. Sabes cual es el mi favorito ? este: SE VERLA AL REVES. Me parece el palíndromo por excelencia. Este otro también es muy bueno: NOS IDEO EDISON. Y este otro no me digas que no es genial : ANA LA TACAÑA CATALANA.
    Pues muchas gracias Fidel.
    Saludos palmeiráns

    1. Grazas Magdalena.
      A Tony da novela non só colecciona palidromos senón que é quen de escribir tanto do dereito como do revés (séver od omoc otiered od otnat)
      Feliz 2017

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *