Fidel Vidal. É sabido que antes da revolución industrial o traballo realizábase de forma artesanal, na casa ou nun taller próximo á mesma. A relación coa faena ofrecía un valor engadido para o traballador ao saberse autor da súa obra. Un zapateiro ou un xastre estaban orgullosos das botas ou do traxe confeccionado coas súas mans e a súa arte. Hoxe, no tempo da meca-nización, supón un luxo calzar ou vestir a medida. Daquela non só contaban a obra e a habilidade senón tamén a relación directa coa familia. Os fillos vían realmente o que facían os pais, e mesmo podían colaborar con eles en determinadas faenas, o que significaba un meirande e intenso vínculo afectivo entre pais e fillos. Seguir lendo Consumo e plus de gozo
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Dignidade e indignidade do traballo
Fidel Vidal. “Hai traballadores que viven como escravos”. Esta afirmación non é dun militante político radical, nin dun sindicalista, nin dun empregado indignado polas duras condicións laborais ás que se ve sometido. Son palabras dun médico de atención primaria horrorizado polo deterioro das condiciones de vida dalgúns dos traballadores que atende. (Andreu Missé, Alterna-tivas Económicas, novembro, 2016). Se noutrora a industrialización estaba ligada a determinadas áreas xeográficas, a situación actual deu lugar ao denominado ”proletariado global” e, por mor das extensas migracións, ao “internacionalismo proletario” na propia casa (Alain Badiou). Seguir lendo Dignidade e indignidade do traballo
Sociedade do “benestar” e malestar na cultura
Fidel Vidal. Leopoldo Contreras, catedrático emérito, ten graves problemas económicos e séntese derrotado ao non ser quen de vivir das traducións de autores clásicos. A punto de ser embargado, implora venderse como escravo e, por ende, mudar de nome: Stico (filme de 1985, interpretado por Fernando Fernán Gómez, coguionista con Jaime de Armiñán, director). Stico unicamente esixía ao seu amo –o avogado Bárcena, antigo alumno con éxito económico– o establecido polas leis segundo o Dereito Romano, do que Contreras foi profesor: “alimento, acubillo e vestido”. A situación contractual -paradoxos dos compromisos legais- resultou insoportable para o amo quen, ao final, consigue librarse de Stico, e este, nunha triste despedida como escravo, pensa en voz alta Seguir lendo Sociedade do “benestar” e malestar na cultura
Tres noticias e un discurso
Fidel Vidal. As novas, tiradas do xornal Sermos Galiza (24 de outubro de 20l6), son as seguintes:
1. A “cesta finlandesa” de Feijóo exclúe o galego. “Desde o 1 de agosto entréganse a todas as crianzas que nacen en Galiza a coñecida como cesta finlandesa, a Cesta Benvida, un agasallo que a Xunta inclúe dentro do Programa de apoio á natalidade.” A cesta contén produtos para o coidado do bebé, cremas ou aceites, téxtiles, libros, CD de arrolos e unha guía para pais e nais. O goberno de Feijóo presentou esta iniciativa como unha equivalencia coa caixa finlandesa que desde os anos 30 reciben todas as familias de Finlandia. Seguir lendo Tres noticias e un discurso