Consumo e plus de gozo

kinder1Fidel Vidal. É sabido que antes da revolución industrial o traballo realizábase de forma artesanal, na casa ou nun taller próximo á mesma. A relación coa faena ofrecía un valor engadido para o traballador ao saberse autor da súa obra. Un zapateiro ou un xastre estaban orgullosos das botas ou do traxe confeccionado coas súas mans e a súa arte. Hoxe, no tempo da meca-nización, supón un luxo calzar ou vestir a medida. Daquela non só contaban a obra e a habilidade senón tamén a relación directa coa familia. Os fillos vían realmente o que facían os pais, e mesmo podían colaborar con eles en determinadas faenas, o que significaba un meirande e intenso vínculo afectivo entre pais e fillos. É o exemplo perfecto para entendermos ese mandato divino de “honrar” a pai e nai. Os afectos establécense e fortalecen pola relación interpersoal, non por obriga nin por decreto.

Coa industrialización muda o tipo de organización e o valor do saber facer. As máquinas colócanse no lugar do home. Son máis precisas e, por riba, non enferman nin se esgotan. A frustración é inminente. As fábricas distáncianse dos fogares, e ofrécense cidades dormitorio. A relación familiar decae e o urdido afectivo desvanécese. Todo cambiou. Do pai non se sabe ben o que fai: traballa nunha fábrica, nunha empresa. O importante é saber se traballa ou non. En que, importa menos. Ao escasear a relación córrese o risco de diminuíren os apegos. E cando alguén carece de cariño que ofrecer, no seu lugar dá cousas, cantas máis mellor.

O consumo está ligado á masa, que segue (obedece) as pautas “marcadas” polos poderosos, polos  donos e promotores das mesmas “marcas”. Os que realmente dominan o poder –banca, fondos de inversión (voitres ou xílgaros), medios de comunicación- son os auténticos xeradores e causantes do consumo, coa pretensión de convertelo nun gozo: o simple pracer de consumir. Mentres os ricos e os poderosos invisten ou cambian de modelo, os demais consumimos.

consumoA satisfacción de necesidades básicas corresponde á visión do home como ser biolóxico: traballar para comer (satisfacción, saciedade). Lonxe do gozo. Estamos a vivir na confusión entre gozo e saciedade, entre desexo e necesidade. A proliferación de festas gastronómicas en Galicia (mesmo ao día de hoxe) non é tanto por responderen a unha reacción aos anos da fame como por igualar ou confundir o gozo coa fartura. A expresión casa de fartura, responde a este anhelo, onde non só non falta de nada senón que “sobra de todo”. E niso que “sobra” é onde radica o gozo.

Polo tanto, o que dinamiza o consumo non ten que ver coa utilidade e menos coas necesidades do ser humano. O que move a consumir non son os obxectos en si senón a causa do desexo deses obxectos. E esta non se vai referir á fame nin á sede. Son algo completamente distinto. As famosas lambonadas “kinder sorpresa” poden servirnos de exemplo. Non se trata dunha comida, é un premio para despois de comer, que a nai intúe –hipnotizada polos anuncios- como complemento nutricional do leite e do chocolate, aínda que o neno o que desexa -a causa do desexo- está no xoguetiño sorpresa, do que un podería desprenderse. O chocolate pertence ao desexo da nai que, se o come o neno, queda incorporado ao mesmo. Mais unha vez conseguida a causa do desexo xa podemos prescindir do ovo e pensar en continuar coa colección, interminable, das sorpresas-regalo. Estas acabarán sendo -pois é do que se trata- acumuladas e tiradas no lixo.

2 comentarios en “Consumo e plus de gozo

  1. Es evidente que “los afectos se establecen y fortalecen por la relación interpersonal, no por obligación ni por decreto”. La prueba la tenemos en que los jóvenes de hoy lo están tomando “al pie de la letra” y muy pocos son los que se casan, al menos con papeles o con bendiciones…
    Muchas veces evoco con nostalgia las noches en vela cosiendo con mi madre. A causa de los frecuentes apagones que se producían por aquel entoces y que podían durar varios días, teníamos que hacerlo a la luz de unas cuantas velas multiplicadas al reflejarse en un espejo (emulando a Thomas A. Edison, cuya película había visto). Todavía conservo los trajes confeccionados por ella y sigo luciéndolos en ocasiones importantes.
    También recuerdo algún que otro sopapo, cuando me rebelaba ante lo que se me figuraba un abuso de autoridad materna. En una ocasión retiré la cara y el manotazo se lo pegó mi madre contra la máquina. Puedo asegurar que ese fue el único sopapo que me dolió.
    Con los tiempos que corren, es ardua la tarea de padres y educadores. Y no digamos cuando no hay entendimiento entre las partes, lo que está ocurriendo con demasiada frecuencia. Yo, que soy usuaria asidua del autobús –muchas veces en horas punta-, me sonrojo ante la respuesta de algún padre a las quejas de su hijo de 8 ó 10 años respecto a un determinado profesor: “Ese tío es un cretino”.
    Encontrarte con buenos maestros a lo largo de tu vida escolar es una suerte. Pero han de ser los padres los que lleven las riendas de la educación de sus hijos: ardua tarea -por las razones que muy bien expones-, pero nunca imposible.
    ¡Ah! No suelo regalar huevos Kinder, pero poseo una extensa colección de figuritas obtenidas en los roscones de Reyes.
    Comienza Saber y Ganar y eso no me lo pierdo.
    Saludos cordiales.

  2. Cuanta razón tienes Fidel, te diré: mi abuelo paterno era zapatero, y aunque no vivía en nuestra casa yo estaba muchas veces con él y veía con qué amor se dedicaba a su oficio. Y digo lo mismo de mi padrino que era sastre. Para ellos esa destreza manual era su entidad, su orgullo, ponían tanto arte en su trabajo como puede ponerlo una persona creadora de libros. El paño y el cuero eran su tinta y su papel, y todos los que los rodeábamos éramos clientes, amigos , admiradores, y devotos de su arte. Todavía recuerdo cuando yo iba a buscarle a una fuente concreta aquella agua que el gustaba, con un botijo grande blanco y su beso de agradecimiento. Era un artista. Mi padrino, ídem. Mira Fidel, si los tuviera aquí, mejor que el insano ” Kinder ” les daría un besazo.
    Saudos palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *