O ceo prometido. Unha muller ao servizo de Stalin, de Gregorio Luri

mercader1Xerardo AgraFoxo. Esta documentada investigación conta a historia de Caridad del Río, máis coñecida por Caridad Mercader, unha medea moderna que recibiu a Orde de Lenin, foi amiga de Beria, o sinistro capo da Lubianka, dispuxo de coche con chofer en Moscova  e traballou na embaixada de Cuba en París. Tamén foi a nai de cinco cativos que se criaron no seo da burguesía catalá ao tempo que ela se convertía no símbolo dunha femme fatale ata que o home a internou nun psiquiátrico de Barcelona,  de onde fuxiu cara a  Francia, para participar na loita clandestina e despois traballar como espía da Unión Soviética.

Malia esta turbulenta existencia, Caridad Mercader pasou a historia por ser a nai de Ramón Mercader, o home que matou a Leon Trotski o 20 de agosto de 1940 en México, onde o líder ruso se refuxiara dende que Stalin decretara a súa persecución por “ser axente dos nazis e inimigo da revolución bolxevique”. mercader2A partir deste tráxico acontecemento, onde o protagonista actuou inducido pola súa nai,  Gabriel Luri, un investigador navarro experto en cuestións educativas e temas da memoria histórica, traza unha liña de investigación na que a narración lineal se intercala coas dificultades que lle apareceron no camiño. Un excelente traballo documental xurdido a partir de  que Luri coñecera dunha maneira casual –no ano 1992, en Pamplona– un profesor soviético, Luis Mercader, irmán do asasino do piolet. Así, mentres reconstrúe a vida de Caridad Mercader e a traumática acción do seu fillo, que lle custou 20 anos no cárcere mexicano de Lecumberri, do que nunca se quixo evadir e no que flirteara coa mesma Sara Montiel, describe con brillantez e honestidade unha época onde a ideoloxía imperaba sobre a ética.

4 comentarios en “O ceo prometido. Unha muller ao servizo de Stalin, de Gregorio Luri

  1. Boas. Dis ao final, “nunha época onde a ideoloxía imperaba sobre a ética”, e logo agora que pasa? Impera nesta nosa trasparente época da comunicación e o coñecemento a ética sobre a ideoloxía? Disculpa, pero son absolutamente descrido desta cuestión. Hai a ética. Que grande palabra.

    1. Tésme que disculpar. Non digo nada sobre o valor da novela, pois na a coñezo. Só que non podo compartir esa expresión. Permíteme só unhas consideracións: a sociedade da información e o coñecemento ten memoria ou carece dela, porque si é isto, tamén carece do máis mínimo complexo de culpa, non é? No é precisamente por isto polo

      1. Sigo: non é precisamente por isto polo que os mesmos medios que se encarnizaron impacablemente con, por exemplo, Rita Barberá, poden logo (da súa morte) participar nos consabidos homenaxes lacrimóxenos? Din que toda sociedade se levanta sobre un crimen cometido por toda a comunidade. Talvez por iso ningunha sociedade (ou época) deixa de ser potencialmente brutal. Jürgen escibiu fai anos: “Quen pense que a totura é algo do pasado, talvez da Edad Media, debería botarlle unha mirada ao “Ecce homo” de Nieztsche, a “De profundis” de Wilde ou ás cartas de Baudelaire”. Pero as formas de matar ou torturar na sociedade do coñecemento téñense desenvolvido cara a unha cobardía difusa, perfectamente anónima. Non sigo, poque xa estarás aburrido de min. Pero recomendo volver a ver “Funny games”, unha película moi esclarecedora a este respeto.

  2. La de Campo de Criptana también dijo algo al respecto de don Severo Ochoa después de que éste había fallecido. No sé si correspondía a la verdad pero, el Premio Nobel de fisiología ya no podía rebatir tal acusación. Eso no es jugar limpio, si tenia algo que decir haberlo hecho cuando el aludido pudiera defenderse. Los dichos hay que sustentarlos con hechos, porque si no las palabras son huecas.
    Saludos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *