Prohibido desconectar

movil-playa-2-500X. Ricardo Losada. Unha das alegrías que me trouxeron as novas tecnoloxías é a reconciliación coa palabra desconectar. Collinlle manía hai moitos anos por esa frase tan habitual de Necesito ir de vaca-cións para desconectar. Parecíame que quen a pronunciaba estaba recoñecendo, sen decatarse, o fracaso máis absoluto da súa vida. Soábame a Necesito saír de aquí senón suicídome. Mesmo intentei pensar que era unha forma esaxerada, pero moi torpe, de valorar o que tiñan por diante, as vacacións, e non de odiar o que deixaban atrás, a súa vida cotiá. Pero non era quen. Necesito desconectar era como o grito dun náufrago a piques de afogar. Un día atrevinme a dicirlle a un amigo que mo acababa de dicir, que debería facer o contrario. Ir de vacacións para pensar obsesivamente (conectar) co traballo e a vida que levaba a cotío. Tomando un martini nunha praia paradisíaca, pois ese era o seu ideal de desconexión, vería a súa vida cotiá dunha forma menos fúnebre. Como diría Platón, díxenlle, a mellor vía para desconectar é cambiar a forma de mirar os obxectos, non afastarse deles. De feito el íase de vacacións a un mundo inmaterial e eterno mirando intensamente o mundo material e finito en que vivía. Pero nin así o convencín. Aquel amigo regaloume unha mirada tan intimidatoria que aínda hoxe teño traumatizadas as retinas.

     As novas tecnoloxías cambiaron totalmente a situación. Xa a ninguén se lle ocorre dicir que quere desconectar. Sería absurdo pois hoxe é imposible vivir (menos aínda en vacacións) sen estar conectado a un aparello electrónico. Dicir Necesito desconectar sería como dicir Necesito deixar o móbil na casa, e dicir isto sería como dicir Quero estar quince días sen saber que facer, e tal cousa levaríanos de novo ao suicidio. Fixádevos o que pasa, por exemplo, no Tour de Francia. A xente pode ver a subida ao Tourmalet por televisión, con primeirísimos planos feitos por especialistas e unha realización impecable, pero prefire ir ao cumio da montaña a pesar das penalidades que pasará polas restricións que pon a organización. yogaTodo, segundo din, para ver os ciclistas en vivo, pero cando, despois de horas e horas de espera, os ciclistas pasan, non os ven cos ollos que Deus lles deu, senón a través da cámara de vídeo do móbil, é dicir, a través dun televisor peor. En vez de cambiar a mirada, como diría Platón, deixan que o móbil llela secuestre.

     Non o tomedes como unha crítica. Considéroo un avance, e a principal razón de que me reconciliase cos móbiles. Os amigos que ían antes ver o Tour in situ podían dicirme que era moi distinto velo por televisión que no lugar dos feitos. Pero agora… O mesmo me pasaba cando ía de viaxe. Sempre me criticaban porque estando fóra de Rianxo (mesmo no Brasil) non facía máis que pensar en Rianxo. Desconecta, coño, dicíanme, non sexas pailán. Agora, porén, e grazas aos móbiles, ese hábito tan meu púxose de moda. Que estás en Tombuctú, a miles de quilómetros da túa vida cotiá, pois nada, pídeslle a un nativo que che faga unha foto rodeado doutros exóticos nativos, e mándaslla á familia, aos amigos e aos compañeiros de traballo, mañá, tarde e noite. Que estás nunha illa paradisíaca de Pernanbuco tomando unhas lagostas cunha caipirinha, pois nada, faslle unha foto aos suculentos manxares, e mándasllela á familia, aos amigos e aos compañeiros de traballo, mañá, tarde e noite. Que fostes facer meditación a un mosteiro do Tibet, pois nada, fas un selfie xusto no momento en que acadas o nirvana, e mándasllelo á familia, aos amigos e aos compañeiros de traballo, mañá, tarde e noite.

     Xa digo. Reconcilieime coa palabra desconectar. Agora o único que desconecto (mañá, tarde e noite) son eu. Nin internet no móbil nin wasap.

9 comentarios en “Prohibido desconectar

  1. Coincido contigo aínda que non sei se utilizaría o concepto idealizar. Pero no esencial estou de acordo. Hai quen vai buscar o cerastoderma edule por todo o mundo porque lle dixeron que era sabrosísimo, e cando regresa á casa, fracasado, entérase de que é o nome científico do berberecho. A veces dáme a impresión de que todo o negocio turístico baséase en pórlle nome científico ao cotiá.
    Saúdos rianxeiros

  2. Acabo de ver la película Sully (protagonizada por Tom Hanks y dirigida por Clint Eastwood) y, por “desconectar”, al llegar a casa me he enchufado a Café Barbantia.
    Lo de desconectar es broma, ya que la película me ha gustado mucho, aunque no es el tipo de película que quisiera ver más de una vez.

    Y, metiéndome en el tema (en el tuyo, no en el de la película), me alegra saber que no soy la única persona que tiene erradicada de su vocabulario la palabreja en cuestión. Puede que la haya utilizado alguna vez al referirme a un aparato eléctrico; pero, hasta en este caso, suelo echar mano de desenchufar. Y si antes no me gustaba, ahora que he leído tu artículo y me he dado cuenta del contenido negativo que puede encerrar el tal vocablo, todavía me gusta menos.

    Claro que sí: para no vernos en la necesidad de “desconectar”, buscando Dios sabe en dónde lo que tenemos al alcance de la mano, no nos queda otro recurso que idealizar lo cotidiano.

    Realmente no valoramos lo que tenemos.

    Ya ni veo lo que escribo. Buenas noches.

  3. Pois claro que necesito vacacións. Pois claro que disfruto das vacacións. De filosofía son, e pode que rariño, pero ata ese punto… En fin. Xa en serio. O que eu cuestiono é que as vacacións teñan que ser sinónimo de desconectar no sentido que se lle dá habitualmente. É un caso similar ao que lle pasaba aos drogodependentes que ían curar a unha granxa. Alí conseguíano pero cando volvían ao entorno habitual era moi fácil que recaesen. Era nese entorno, rodeados de drogas, onde tiñan que aprender a desconectar delas. Creo que co traballo pasa algo parecido. Coñezo moita xente que vai desconectar a Tailandia e, en canto volve ao traballo, o primeiro día, tras contar en cinco minutos a marabilla de vacacións que pasou, xa recae na mesma desesperación de sempre. A veces teño a impresión de que hai alguén interesado en crear esa obsesión compulsiva por viaxar. Non é sospeitosa tanta unanimidade? Agora ben, tamén é certo que hai unha casuística moi variada de traballos, e cada un ten as súas peculiaridades. Pero este tipo de artigos teñen, por forza, que simplificar.
    Saúdos

  4. Aunque sea una vez al año porque el MEMENTO MORI a mi edad lo recuerdo con frecuencia.
    Besiños palmeiráns profesor.
    P.D. He repetido esto. No sé porque motivo no ha entrado. Lo tenía escrito.
    Disculpas.

  5. Querido profesor: al leer tu artículo he comprendido mi fracaso, jamás lo había pensado, pero yo soy de las que reclamo las vacaciones para ” desconectar ” el suicidio nunca a pasado por mi mente pero, desconectar sí, vaya que sí. Yo soy muchas veces ese náufrago que necesita que le tiren un flotador en el que agarrarse para no ahogarse en el ajetreo cotidiano de la simultaneidad de tareas domésticas y de otra índole. Y ese salvavidas es ni más ni menos el desligarse un poco de todos esos quehaceres, y que sean otros los que se ocupen de mi persona. Yo no te lanzaré ninguna mirada intimidatoria , no quiero traumatizar por nada del mundo tus retinas, pues quiero que continúes escribiendo y deleitándonos a todos tus admiradores con textos tan excelentes cargados de la ironía que tanto te caracteriza. Enhorabuena, si no necesitas vacaciones es porque tu vida es plena y el trabajo satisfactorio. Aunque tampoco soy de la opinión de Oscar Wilde cuando decía ” A mí dadme lo superfluo, que lo necesario todo el mundo puede tenerlo ” Por lo menos, además de lo necesario que me den también unas pequeñas vacaciones aunque solo sea una vez al año porque el a mi edad lo recuerdo con frecuencia.
    Besiños palmeiráns profesor.

  6. Gracias unha vez máis polas túas impagables e inmerecidas consideracións, guapa. Permíteme que así te chame, porque, tal como imaxinaba, o eres. Do demais, pouco teño que dicir. Os entregados aplausos xa o din todo.

  7. Creo que vos contesto aos dous se digo que a miña intervención de onte só reflectía
    o meu entusiasmo polo libro e polo autor. E por estar co libro e co autor na presenteira
    do acto.

    Apertas

  8. Pois claro que foi un pracer coñecer en persoa a unha socia, tan intelixente, do noso café. E coincido contigo en que X. Ricardo estivo xenial, coma sempre. É unha sorte termos preto a un escritor dono dunha ironía tan luminosa. Agardo que che guste a novela. Se non, xa sabes, bótalle a culpa a X. Ricardo. Bicos

  9. Querido José Ricardo: Que te haya encontrado precisamente hoy en este espacio ha sido ideal para mi propósito, que es el de daros las gracias por esas casi dos horitas que he compartido ayer con vosotros. En primer lugar quiero felicitarte por lo bien que has estado, Antón sabía con certeza que así sería, el mismo te lo dijo. Has relatado con esa fina ironía que te caracteriza el buen estilo del relato y el buen saber de su autor. Sublime.
    Ahora decirle a Antón que me ha encantado la dedicatoria que me ha brindado y que me hizo mucha ilusión que me conociera simplemente al decirle mi nombre. Gracias Antón, estoy deseando empezar a leerla, luego ya te diré que me ha parecido que será sin duda un comentario satisfactorio.
    Y como no, mencionar a mi apreciadísimo Gonzalo, me ha encantado conocerlo, persona agradable, culta y campechana, un abrazo Gonzalo.
    Ha sido una pena no haber conocido a Fidel, pero como el me ha dicho tendremos tiempo de conocernos. Sólo pediros, por favor que me invitéis siempre a las presentaciones, me encantan los libros, tengo muchísimos dedicados, es mi afición favorita.
    Querido profesor mañana contestaré a tu artículo. Hay algo en lo que no estoy de acuerdo. Besiños palmeiráns para todos. GRACIAS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *