Dignidade e indignidade do traballo

escravoFidel Vidal. “Hai traballadores que viven como escravos”. Esta afirmación non é dun militante político radical, nin dun sindicalista, nin dun empregado indignado polas duras condicións laborais ás que se ve sometido. Son palabras dun médico de atención primaria horrorizado polo deterioro das condiciones de vida dalgúns dos traballadores que atende. (Andreu Missé, Alterna-tivas Económicas, novembro, 2016). Se noutrora a industrialización estaba ligada a determinadas áreas xeográficas, a situación actual deu lugar ao denominado ”proletariado global” e, por mor das extensas migracións, ao “internacionalismo proletario” na propia casa (Alain Badiou). E retomar o que dicía Marx: “os traballadores non teñen patria”.

Fálase, cinicamente, da dignidade de todos os traballos cando sabemos que, agás o traballo creativo ou vocacional, o resto son indignos e desprezables no intre en que desprezan o home como ser libre, suxeitándoo dobremente na súa propia alienación. A dignidade (ou indignidade) do traballo, na nosa cultura occidental xudeocristiá, nace dun castigo. É indigno o que é impropio ou desprezable. Digno é o ‘merecedor de’, mais tanto para o premio como para o castigo. Así foi o traballo, un castigo digno do home desobediente, é dicir, indigno. E todo por unha infantil e caprichosa prohibición de Deus: por comer da árbore do coñecemento. Polo tanto, o traballo como condena é consecuencia directa dun acto de liberdade.

Xa naqueles tempos paradisíacos estaba prohibido saber. A única virtude radicaba na obediencia. Así Deus expulsou do edén onde vivían a Adán e Eva, a parella deseñada e modelada por el mesmo quen, entre outras condenas, mandoulles o seguinte recado: “Ganarás o pan coa suor do teu rostro”. trabajo-esclavoDespois o Deus todopoderoso, ao non fiarse do seu grandísimo poder e, moito menos, da parella desobediente, puxo un gardián armado arredor do xardín, “un querubín que brandía flamante espada”.  Con isto completamos os símbolos básicos do poder: un amo desconfiado e un garda armado ao seu servizo.

O traballador xamais poderá entrar no paraíso. Non sabía Deus que máis adiante uns cantos descendentes da parella conseguirían o pan e todo canto tiveran ao seu alcance, non coa súa suor senón coa suor do rostro dos demais. Trátase dos novos amos. “Eu, por se acaso, xa lle encarguei ao meu secretario que me vaia metendo un camelo polo ollo dunha agulla” (Chumy Chúmez). Os ricos, se lles apetece ou senten afección animalista e non queren sacrificar o pobre camelo, fabricarán as agullas ao tamaño adecuado aos seus intereses.

Traballar, nas súas raíces etimolóxicas, significa sufrir, esforzarse, preocuparse por, de onde máis tarde xorden laborar, obrar. No século XIV, do latín vulgar, tripaliari, torturar, derivado de tripalium, especie de cepo ou instrumento de tortura (tres paus cruzados que formaban o trebello ao que suxeitaban o reo). De traballar deriva o substantivo traballo (1212), que conserva na Idade Media e aínda hoxe en día o sentido etimolóxico de sufrimento e dor. Bos comezos para os nosos anhelos: sufrir, esforzarse, tortura, dor, todo iso ligado ao traballo.

Eu non quero inducirte cara ao traballo. /    Non está feito o home para traballar. / Mais polos cartos si debes andar espelido!  (Bertolt Brecht)

5 comentarios en “Dignidade e indignidade do traballo

  1. Moitas grazas polas túas aportacions, Magdalena, esta vez en especial pola advertencia de Aristóteles, de pensar máis no home e menos nas súas “inclinacións”, aínda que para o meu admirado personaxe de cando eu era un neno, a del era unha forma de vida. Agadezo tamén o subliñado pola túa curmá a profesora Carmen González.
    Sinto moito non poder asistir á presentación da nova obra do meu admirado Antón Riveiro Coello. Seguro que o pasaredes estupendamente. Haberá ocasión de coñecémonos.
    Saúde.

  2. Ya tengo en mi libreta tu anécdota Fidel, la puse en la que denomino moralizantes. Yo también quiero contarte una que me gusta mucho, es esta : – Recriminaron cierto día a Aristóteles por dar limosna a un ladrón y el contestó: ” Me limité a ayudar al hombre y no a su inclinación “.
    Tú admirabas al lector, al cinéfilo, al buen caminante ; no al arrendador . Pero actuemos como el filósofo, no veamos su inclinación. Siempre hay algo bueno en las personas.
    Si me permites ya que mi querida profesora y prima Carmen ha hecho alusión a mi persona le envío un beso.
    Otro para ti Fidel. Ojalá pueda conocerte el viernes en la presentación del libro.

  3. Vou contar unha anécdota persoal. Cando era cativo admiraba un home que paseaba, ía ao cine e lía libros. Cando preguntei pola súa profesión, miña nai respoudeume: Ese home é “rentista”. Daquela eu apostei por tal oficio. Mais adiante entereime do significado de ser rendeiro e fiquei un chisco deprimido. Cousas da vida.
    Saúde.

  4. Ya decía Moro que el trabajo era una injusticia legalizada. Aunque yo creo que se refería a la explotación del trabajador, no al trabajo en sí. Porque lo citaba en estos términos. ” La ganancia quiere más ganancia, el capital se capitaliza “. Y luego añadía eso de que el trabajo era una injusticia legalizada. Yo también estoy de acuerdo de que el único trabajo merecedor al que todos deberíamos tener acceso es el que nos hiciera disfrutar.
    Y sobre lo que dices de ” la caprichosa e infantil prohibición de Dios de expulsar a la pareja que El había creado ” según me contó Curros, creo que se arrepintió de haberlo hecho, no de sacarlos del Paraíso, sino de haberlos puesto en este mundo, ya que un día en que se encontraba aburrido apartó una nube y ” mirando ó cha ” viendo lo que había creado, ( según la versión de mi amigo Enríquez ) dijo. ” Si eu fixen tal mundo, que o demo me leve “. Y debe ser verdad que lo dijo porque Manuel era un ourensano muy creíble y veraz.
    Saludos palmeiráns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *