Pilar Sampedro. Amañeceu o día da poesía e pasei case toda a mañá enviando whp: “Feliz día da poesía. Por que non enviamos un poema á xente que nos apeteza? Pode ser unha boa maneira de celebralo…” Non había ameazas, nin había que enviarlla a un número determinado de destinatarios. Seguir lendo No día da poesía
Arquivo da categoría: Pilar Sampedro
Galegas do primeiro terzo do século XX
Pilar Sampedro. Acaba de publicarse o ensaio de Aurora Marco, Irmandiñas, e a novela de Neira Cruz, Veleno de tinta impresa. Ambos, cada un da súa maneira, recollen esa época. Irmandiñas afonda no coñecemento das mulleres que formaron parte das Irmandades da Fala, na chamada Sección Feminina (non, non inventaron o nome os fascistas). O libro de Aurora Marco, en palabras de Montse Dopico, “non só reivindica as asociadas das Irmandades da Fala, senón tamén moitas mulleres que participaron de distintas iniciativas xurdidas arredor deste movemento: as que formaron parte dos coros e agrupacións teatrais; as sociais ou protectoras do Seminario de Estudos Galegos Seguir lendo Galegas do primeiro terzo do século XX
De libros e oficios
Pilar Sampedro. Rafa Villar ganou o XVI Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez coa obra O libro dos outros oficios. Libros de oficios houbo. Incluso libros nos que os oficios se mostraban a través de gravados que nos poñían en contacto coa imaxe e o traballo de cada un deles. Coa idea en marcha, era cousa de profundar nos “outros” oficios, aqueles que en ningún dos tempos coñecidos tivo razón de ser. Así se nos presentan 33 relatos cheos de fantasía que teñen en común a inexistencia do oficio que describen. Polas páxinas van desfilando a afinadora de ventos, a apalpadora de estrelas, a apañadora de medos, a descubridora de xoguetes perdidos Seguir lendo De libros e oficios
Frases que me teñen estremecido
Pilar Sampedro. Ás veces quedas cunha expresión a martelar no cerebro. Tocou algunha fibra sensible e tes que agardar a que volva ao seu. Daquela, prefiro acollela, acariñala, darlle voltas e soprarlle ata que voe soa. Seguir lendo Frases que me teñen estremecido