Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Bo tempo, de Alberto Díaz, a propósito de Raimundo Patiño

bo-tempo-c1fs-komic-libreriaPilar Sampedro. O 30 de xaneiro, cando o calendario das Letras nos trouxo a Raimundo Patiño, un dos carteis de ilustradores que o celebraban era o de Alberto Díaz, un mozo que sen ser galego tiña conectado co mundo de Patiño na súa esencia ideolóxica e artística. El representa “O xuramento de Laracha” nunha imaxe bicolor desa noite cos catro mosqueteiros subidos aos cons pondalianos.

Conta a historia dun neno que coñece ese estraño creador e activista, que era Raimundo Patiño, a través dun tío pintor. E esta historia vai ser a que dea lugar ao cómic Bo tempo, na cuberta do cal vemos, de novo en bicolor Seguir lendo Bo tempo, de Alberto Díaz, a propósito de Raimundo Patiño

Os monicreques de Kukas de BARRIO a BARRIO

monicrequesPilar Sampedro. Os monicreques de Kukas de BARRIO a BARRIO é unha magnífica idea do concello de Santiago, ao ocupar os CSC (Centros Socio Culturais) da cidade con mostras das marionetas deste creador compostelán e universal. Toda unha vida dedicada ao teatro de marionetas, ás representacións e á creación de bonecos dá para isto e máis, por iso agradecemos o proxecto Seguir lendo Os monicreques de Kukas de BARRIO a BARRIO

Raimundo Patiño a propósito do Día da Ilustración 2022

XuramentoLarachaPilar Sampedro. O Día da Ilustración forma parte das datas sinaladas no Calendario do Libro e da Lectura. Celébrase o 30 de xaneiro, conmemorando o nacemento de Castelao.

Cada ano, a consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a iniciativa en colaboración coa AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). O obxectivo é  lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural ao tempo que se homenaxea, en cada ocasión, unha ilustradora ou ilustrador histórico galego. Seguir lendo Raimundo Patiño a propósito do Día da Ilustración 2022