Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Unha novela xuvenil que nos abre as portas ao teatro

A sindrome de BergeracPilar Sampedro. Sucede, ás veces, onde menos o esperas, aparece unha achega interesante. Ler A síndrome de Bergerac. Unha comedia heroica levoume a pensar nesas experiencias teatrais que teñen lugar nas escolas, tanto en primaria como en secundaria. Prácticas teatrais que escritores tan recoñecidos como Fina Casalderrey (Recursos teatrais para a expresión dramática na escola) ou Xosé Agrelo (O xogo dramático (de, con, por, para nenos)) puxeron por escrito, para axudar os compañeiros e compañeiras a traballar co texto dramático e levalo á escena. Pensaba nos esforzos por levar o teatro ás aulas e a representación das obras ao contexto social que rodea o centro educativo. Seguir lendo Unha novela xuvenil que nos abre as portas ao teatro

H2…Oh!!! Pingas científicas

H2 OhhhPilar Sampedro. Unha obra de María Canosa con ilustracións de Luz Beloso, publicada por Galaxia. Un libro de divulgación científica, deses que tanto precisamos na escola e en galego, que se presenta con esta alegría: “Sabías que os  cascos protectores inventáronos os paxaros?, ou por que hai espellismos? A que non te decataras de que hai animais que nunca beben auga?, ou, por que o número pi é infinito e non remata nunca? Neste libro has atopar unha morea de curiosidades científicas relacionadas co noso día a día, pero que teñen un funcionamento moi complexo”.     Seguir lendo H2…Oh!!! Pingas científicas