Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Eu son A, de Steve Tasane traducido por Carlos Acevedo e publicado por Factoría K Narrativa.

EU SON APilar Sampedro. “Unha novela para rapaces que todos os adultos berían ler”, di a presentación editorial. Unha obra, escrita por alguén marcado por unha infancia pobre e polo abandono do pai (un refuxiado). Polo tanto, o autor sabe do que fala cando novela a historia duns nenos en situación extrema. Á ferida do pasado engádese a sensibilidade actual porque se di poeta, novelista e activista, e porque ademais nos conta que se ve impelido a escribir a historia despois de ver un vídeo no que dous irmáns celebran a descuberta dunhas faragullas na lama dun campo de refuxiados.

Seguir lendo Eu son A, de Steve Tasane traducido por Carlos Acevedo e publicado por Factoría K Narrativa.

Carta a unha lectora (X), hai libros que nos chaman dende os escaparates

mujer-leyendoPilar Sampedro. Las mujeres que leen son peligrosas foi un deles. A xente acababa agasallándoo porque lle parecía que a ninguén lle podía resultar indiferente. A min facíame pensar. Por un lado lembraba a afirmación dunha compañeira de xeración que, nos tempos do cambio de réxime, sempre me facía caer na conta de que o stablishment lles perdoaba mellor a disidencia aos homes que ás mulleres porque elas, cando rompían, facíano a conciencia. Polo outro, sempre me pareceu que o título respondía a unha mentira, porque estaba convencida de que quen lle puxo nome ao libro buscou chamar a atención, porque era imposible que pensase que as mulleres que lían eran máis perigosas que as outras. Seguir lendo Carta a unha lectora (X), hai libros que nos chaman dende os escaparates

Federico García Lorca en Santiago de Compostela, de Henrique Alvarellos

LorcaPilar Sampedro. Henrique Alvarellos é un deses cidadáns indispensables. Na solapa deste libro preséntasecomo escritor, editor e promotor cultural. Todo é certo: este libro está escrito e publicado por el baixo o selo familiar Alvarellos, unha empresa que creara o pai no Lugo de 1977 e que agora dirixe el en Compostela. Promotor cultural tamén, porque parte da súa obra está dirixida á recuperación de feitos e lugares que pon en valor, basta con mirar Santiago, 1909 (a crónica da Exposición Rexional Galega), Os últimos carballos do Banquete de Conxo e Balada ceibe no bosque de Conxo, que xiran arredor do bosque onde se celebrou o célebre banquete e que hoxe está recuperado grazas ao empeño deste activista. Seguir lendo Federico García Lorca en Santiago de Compostela, de Henrique Alvarellos

Suso de Toro e Un señor elegante

Un señor elegante2Pilar Sampedro. Suso de Toro acostuma cambiar a maneira na que transitar o territorio literario en cada obra, de aí que sempre entremos nos seus libros como quen abre unha porta ao descoñecido. Na última entrega reconstrúe a biografía de persoas moi coñecidas entre nós e faino dialogando con elas; preguntándose pola certeza das súas descubertas, introducíndose no relato coma un máis dos personaxes reais que por el se moven, aplicando a súa experiencia persoal ao que outros lle contan… Penetramos co autor na vida desa familia compostelá, os Baltar. Unha liñaxe de médicos na gran cidade sanitaria de Galicia: un pai e un fillo que foron directores do Hospital Real, que crearon sanatorios privados Seguir lendo Suso de Toro e Un señor elegante