Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Conversas de escaparate. Doce cuncas un ferrado

1FIDELFidel Vidal. -Non me veñas con novelos nin novelas.

-A cousa vai de cuncas e ferrados.

-Créalo ou non o meu modelo era topógrafo e diso algo recibín.

-Pois o molde do meu debeu ser dun irmán xemelgo.

-Recibiches o saber e as leiras.

-Unha boa herdanza.

-Só unha leira, unha boa terra pero mellor solar. Seguir lendo Conversas de escaparate. Doce cuncas un ferrado

Zapatillas deportivas

Fidel Vidal. touch-of-shoes-2210x3311Primeiro deberon ser as chinelas de coiro e as sandalias. Tratábase de defender os pés descalzos, de calzarse. E se a historia das palabras non minte, o calcetín adiantouse ao zapato como calzado, xa que logo, calzado vén de calzas. Unha maneira de cubrir os pés e engadir unha peza cerrada sen pasar da canela. Despois viñeron os tacóns. Velaí os zocos, ou mesmo nos zapatos. Pisar forte, çapat. Coa chegada da industria, comezouse a producir calzado en serie e, coa mesma, a desaparición do gremio de artesáns. Seguir lendo Zapatillas deportivas

O xardín dos frades, de Manuel Azaña

0f8a517c876e581e314b3c9b529d3fc4_LFidel Vidal. Ninguén está libre de prexuízos, maiormente quen viviu nunha época escura -mesmo en tempos de (in)certa claridade- e non ser quen de coñecer un escritor como Manuel Azaña, supón unha lamentable carencia e unha dupla inxustiza. Foi Premio Nacional de Literatura por Vida de don Juan Valera, e a primeira publicación da novela O xardín dos frades –obra que admirada Pedro Salinas- Seguir lendo O xardín dos frades, de Manuel Azaña