Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Mellor a ausencia, de Edurne Portela

9788417088125Fidel Vidal. Unha escena desta novela (Mellor a ausencia, Galaxia Gutenberg, 2017), faime recordar que, nada máis chegar a Euskadi, un colega advertiume de, no caso de que a garda civil me parase, “antes de mover unha man di quen es e onde traballas. Polo acento saberán que non corren perigo”. Eran finais dos sesenta. En 1980, na primeira parte desta obra (1979-1992), sendo a protagonista, Amaia, unha nena, conta cando se acercaron co coche “á caseta onde están os señores coas metralletas. Ama dáse a volta e dinos que esteamos calados (…) Aita saca os caderniños e amósallos ao señor. Seguir lendo Mellor a ausencia, de Edurne Portela

Porla

d8fc8a359accd7894dcbd989398acc9dFidel Vidal. Ela rezou automaticamente em agradecimento. Não era agradecimento a Deus, só estava repetindo o que aprendera na infância” (Clarice Lispector, A hora da estrela).

Se tardei un longo tempo escolar en saber que a palabra “Porla” trataba dun enigma, aínda hoxe non fun quen de me librar dela como unha definición exacta do seu significado, do único significado que ofrecía. Nada de polisemias. Seguir lendo Porla

Calcetíns

pack-6-calcetines-cortos-nike-air-jordan-negros-ninoFidel Vidal. Necesito botar fóra o rumiar sobre as leas que manteño cos calcetíns. O caso é que non soporto as costuras da parte dianteira, e busco sempre aqueles onde non sobresaia o encano para evitar o dano nas dedas. Fanme feridas. Que lle vamos facer se a natureza me dotou así, delicado de pés? Prenda íntima onde as haxa, xa que logo, sen estaren á vista de vez, hai que presume dos estampados e vistosos, se ben eu prefiro, intercambiando algún de cor marrón, os negros ou azuis escuros. Seguir lendo Calcetíns

O sentido dun final, de Julian Barnes

41fft2PoWwL._SX308_BO1,204,203,200_Fidel Vidal. O sentido dun final, de Julian Barnes (Rinoceronte, 2012), novela de menos de duascentas páxinas, acadou o Premio Booker, está dividida en dúas partes ben definidas. A primeira contén episodios de mocidade, da escola, da relación entre amigos e, especialmente, a estrea de contactos con mozas. “Non me interesa moito a miña época escolar e non a boto en falta. Pero no colexio é onde comezou todo”. Tres amigos, “Colin, Alix e mais eu, Tony Wesbter”, convértense en catro coa integración no grupo de Adrian Finn, “un rapaz alto e tímido” que citaba a Camus e “para quen o suicidio era a única auténtica cuestión filosófica”. Seguir lendo O sentido dun final, de Julian Barnes