Fidel Vidal. Publicada baixo o pseudónimo de Lou Delvig, Días sen fame (Anagrama, 2001) é a primeira novela de Delphine De Vigan. Nela relata, nunha sorte de confesión catártica, a loita que mantén contra si mesma, contra o seu corpo, contra a imaxe imposible. Trátase dunha obra autobiográfica, a crúa historia dunha rapaza que sufre de anorexia. “Todo sucedeu paulatinamente. Até chegar a iso”. “Até que o frío invadiu o seu corpo, inimaxinable. Un frío que lle anunciaba o final e que tiña que elixir entre vivir ou morrer”. Contada en terceira e en primeira persoa, unhas veces ela e outras Laure. “A delgadeza como un grito”. “Un saco de ósos nunha cama de hospital, iso é o que é. Nin máis nin menos”. A ganancia en peso, en gramos, implica intensos esforzos e moita disciplina. Seguir lendo Días sen fame, de Delphine De Vigan →