Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Conversas de escaparate. Sedución

fffFidel Vidal. -Xamais soubo do efecto que causou a súa ollada de esguello compartindo ambos os dous un sorriso tan breve como sutil. Visto e non visto, a brevidade para o resto da miña vida. Efémero. Como pode ser efémero este sentir nunha necesitada de paixón? Unha mirada, a miña, demandando o roce dos seus beizos. Aquel descoñecido, sen o pretender, decidiu por min. Así me agocho doutras tentacións por non traizoar o noso  amor. Un amor non correspondido, diredes. Pero non, o meu amor non necesita correspondencia ningunha. Abóndame co seu recordo. Aínda hoxe, ao amparo deste paraugas, penso nel, síntoo como se estivese presente. Seguir lendo Conversas de escaparate. Sedución

Conversas de escaparate. Perfume

imaxe1Fidel Vidal. -Por ser como eu son véxome soa e abandonada, tirada na gabia como unha cadeliña indefensa e desprezada. Unha desposuída. Fíate das amigas! Mentres me consumo chorando en silencio, ela seguro que anda de esmorga a rirse desta inxenua. Estounos a ver, os dous de ganchete celebrando a estrea do noivado, unha festa que oxalá remate en traxedia. Que os parta un raio. Non son a primeira muller, seino, nin serei a última, a padecer traizón semellante. Dóeme pensar no que falarán. Que se estaban namorados antes de me coñecer… Iso el, incoherente deslucido. Respecto da miña amiga –amiga? vaia coa amiga!- supoño que o bicará até estragarlle os beizos, murmurándolle na orella: “Canto sufría cada vez que vos vía xuntos!” Seguir lendo Conversas de escaparate. Perfume