Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Conversas de escaparate. As medias caídas

maniquis1Fidel Vidal. -Malia o tempo que levamos xuntas estou no certo se digo que somos compañeiras pero non amigas.

-E a quen vén iso, compañeira?

-Non comprendo os teus desplantes.

-A que te refires?

-Ás veces que me torciches a cara ou puxeches aceno de distraída, sen contestares os meus saúdos.

-Ti ves visións, querida. Seguir lendo Conversas de escaparate. As medias caídas

Chagall

12-21-29-40.46.17_lowFidel Vidal. Marc Chagall, un dos grandes mestres da pintura, foi clasificado por máis dun crítico como “inclasificable”. A arte “é un estado da alma”, dicía Chagall. Cada vez que lle pedían que explicara as súas obras contestaba que el mesmo non as entendía. Unha boa mostra da súa obra gráfica pódese contemplar na Fundación Barrié da Coruña que, por mor da pandemia, vai prorrogarse até o día 26 de xullo. Co título Fábulas e soños, dividímola, seguindo os pasos da técnica empregada, en tres (o catro) apartados: litografías, xilografías e augafortes. A cuarta parte correspondería aos poemas escritos. Seguir lendo Chagall

As neves de antano, de Pascal Quignard

unnamedFidel Vidal. Cando deixa de haber guerras? O Orleanesado ocupárono os celtas, os xermanos, os romanos (…), os vándalos, os alanos, os francos, os normandos, os ingleses, os alemáns, os americanos”. Así comeza As neves de antano (A ocupación americana), de Pascal Quignard (Círculo de lectores, 1997), nunha prosa exquisita e pulcra, na que navegan á par datas históricas e vidas íntimas. Vai de amores de mocidade, de frustracións, Seguir lendo As neves de antano, de Pascal Quignard