Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Pinturas na fogueira

descargaFidel Vidal. Destruír obras de arte, e non só polo inimigo -que ve nelas un grave perigo no sei exactamente de que-, senón polos propios artistas, é máis frecuente do que parece. Isto vén a conto porque o 4 de xaneiro deste 2020 morreu aos 88 anos un dos creadores con maior influencia dos últimos tempos. Refírome a John Baldessari, artista conceptual con inspiracións en Duchamp Seguir lendo Pinturas na fogueira

Auga bendita para todos

water-to-wineFidel Vidal. Abonda literatura respecto da importancia da auga como símbolo de purificación e bendición (“eu bendicirei o teu pan e a túa auga. E afastarei de ti as enfermidades”, Éxodo). Mais dise que a orixe da auga bendita vén dos tempos e da man de Xesús, xa que logo el mesmo bendiciuna e, cando foi necesario e a petición da súa nai, transformouna en viño. Non augou o viño senón que fixo viño, o mellor viño que se catou nas vodas de Caná. Nada menos que seis cubas de pedra dispostas para as purificacións. Seguir lendo Auga bendita para todos

María Mariño: o tempo na terra

Baixo-o-signo-da-bipolaridadeFidel Vidal. Se existe unha enfermidade que se anuncia polo síntoma de estar alegre, eufórico, isto é, de verse feliz de vez, chámase Trastorno bipolar, na súa presentación maníaca. Antes denominábase Psicose de dobre forma (Baillarger), Circular (Falret) ou Maníaco-depresiva (Kraepelin). Quer dicir, na que o humor pode oscilar desde a máxima euforia e hiperactividade (podendo alcanzar o delirio) até a depresión melancólica, nun variado abano, dependendo da intensidade e forma de se presentaren os síntomas. No  caso de seren creadores os que a padecen, está visto que escribir, ou pintar, semella non ser excesivamente doado facelo desde a alegría. Seguir lendo María Mariño: o tempo na terra