María Mariño: o tempo na terra

Baixo-o-signo-da-bipolaridadeFidel Vidal. Se existe unha enfermidade que se anuncia polo síntoma de estar alegre, eufórico, isto é, de verse feliz de vez, chámase Trastorno bipolar, na súa presentación maníaca. Antes denominábase Psicose de dobre forma (Baillarger), Circular (Falret) ou Maníaco-depresiva (Kraepelin). Quer dicir, na que o humor pode oscilar desde a máxima euforia e hiperactividade (podendo alcanzar o delirio) até a depresión melancólica, nun variado abano, dependendo da intensidade e forma de se presentaren os síntomas. No  caso de seren creadores os que a padecen, está visto que escribir, ou pintar, semella non ser excesivamente doado facelo desde a alegría. Disto vai e non de mística -como advirte o autor- a poesía e a vida de María Mariño, segundo X. L. Sánchez Ferraces, no libro Baixo o signo da bipolaridade. A poesía de María Mariño, Galaxia, 2019.

Nel apúntase que Robert Lowell afirmou que a súa mellor poesía abrollaba “dos seus estados maníacos”. Estamos a falar dun caso de excepción. Porque as mais das veces escríbese acompañado da tristeza, desde o infortunio ou da insatisfacción. María Mariño, despois das contas botadas por Arcadio López Casanova, tamén responde aos parámetros habituais. Malia as palabras de Lowell, este nos seus poemas non deixa de describir os altibaixos do padecemento, e as ansias que debe tragar a cada tranco: máis alá da ousadía, as alturas/ e despois a caída… recaendo no discurso/ honesto:/ a enfermidade, comida que a carne debe tragar/ alimenta as nosas mentes… a mente, que tamén/ é carnal. (R. Lowell, De Notebook)

Louis Althusser, diagnosticado de Psicose maniaco-depresiva, con fases de exaltación e outras de melancolía, matou a súa esposa nun ataque de loucura maníaca, que relata de forma crúa nunha especie de confesión en O porvir é longo. Sartre, que non padecía patoloxía ningunha pero fumaba, tomaba cafés no entanto, segundo as malas linguas, abusaba de anfetaminas, que daba lugar a unha aceleración mental. Sospéitase que gran parte de O ser e a nada foi escrita baixo os seus efectos: “Polo demais, o outro non pode ser outro sen emanar do ser; niso, é relativo ao en-si: pero tampouco podería, ser outro sen facerse outro: do contrario, a súa alteridade converteríase en algo dado, é dicir nun ser capaz de ser considerado en-si”. Aí queda iso, no en-si deixando para máis adiante o para-si.

descargaMar-ía, Mar-iño Carou atopou sosego (?) no Courel. encorou no Courel (perdón por xogar de boa fe coas palabras). Desde as fonduras do mar de fondo: O medo xa non sei del./ Xa secou aquel mar longo./ E sin saber donde veu,/ se é doutro ou é meu,/ navego nun mar de fondo (Palabra no tempo, 1963). E do mar á terra, á terra nai onde o tempo semella gozar da medida axeitada da natureza, e non dos reloxos, particularmente dos dixitais, os máis obsesivos e menos orientadores. A través da palabra e da fenda da noite onde atoparse ela consigo mesma. Da palabra no tempo machadiano, velaí o “tempo na terra” no dicir de Otero Pedrayo. Así foi a estancia de María no Courel, da man de Uxío Novoneyra e de Manuel María, onde o tempo éo todo. María mesma: “Xa son”. O MEU TEMPO Era todo./ Era nada./ Sin nacer hoxe morreu (Palabra no tempo) (…) Xa vexo!/ Vou vendo./ Vexo día ca súa salve./ Atopei mañá -miña hora-./ Vai medindo o tempo as prantas./ Xa me din en verba aberta!/ Xa me escoitan!/ Xa en rendixa da noite se atui!/ Xa son! (María Mariño, Verba que comeza)

2 comentarios en “María Mariño: o tempo na terra

  1. Querido Fidel:
    Esta tarde me ha dejado Magdalena un mensaje en el wassap pidiéndome que, si leía tu artículo, te comunicase que tiene el ordenador estropeado y esa es la causa de su silencio. Y como los deseos de Magdalena para mí son órdenes, aquí me tienes escribiendo a mi horario habitual; porque no quería dejar de ver en la tele “El gran dictador”, una estupenda parodia y sátira del fascismo y de cualquier tipo de dictadura.
    Después de leer tu artículo, siento que en mí no se dan esas fases de exaltación y melancolía propias de personas con un coeficiente intelectual elevado. Si no hay de donde sacar… Para colmo no fumo ni soy adicta al café. Y en cuanto a medicación, la justa y con receta.
    En cuanto al galimatías de “en si”, “para si” y otros, no he llegado al suficiente grado de madurez para tenerlo claro.
    Me acuso de no saber muy bien quién era María Mariño. Acabo de acudir a Internet para conocer algo más de su persona. Procuraré hacerme con el último libro, “Más allá del tiempo”, que puedo encontrar en la Casa del Libro.
    Felices sueños.

    1. Moitas grazas, prezada Carmen, e os meus desexos para unha pronta recuperación do ordenador de Magdalena.
      Memorables secuencias as de “El gran dictador”, que tamén estiven vendo esta noite pasada, penso que por terceira ou cuarta vez. Desta volta, o final pareceume un tanto esaxerado, como un “pegote” de exaltación moralista innecesario. Pero ben, unha película que sempre paga a pena. Como aconsellable é ler a María Mariño.
      Saúde e boas lecturas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *