Arquivo da categoría: Fidel Vidal

O Cristo de Dalí

ab34500431aff02e8bcb4fb777a12fbfFidel Vidal. O coñecido Cristo de Dalí que está no museo Kelvingrove de Glasgow, un óleo de gran formato (206 x 116 cm.), titúlase “Cristo de San Juan de la Cruz”. O nome do cadro  -tal como conta o “falso louco”, así cualifica Lezama Lima a Dalí- naceu da inspiración ao contemplar os debuxos de Cristo realizados por frei Juan. Son debuxos a tinta sobre papel. Un deles, de forma ovalada, non excede os 5 cm. pola parte máis longa. Trátase dun Crucificado visto desde arriba, desde o costado esquerdo, onde un corpo exhausto, cravado de pés e mans por cravos imposibles, agoniza deixando caer unhas pingas de sangue. Seguir lendo O Cristo de Dalí

Silencio e saúde

pexels-photo-2590589Fidel Vidal. O meu alimento é o silêncio do mundo” (Almada Negreiros, Encontro). Segundo Rof Carballo, entre o silencio e a palabra está o barballar. Nesta ocasión non imos referirnos ao silencio como descansos na fala, ou como el propio, ben expresivo nalgunhas situacións, senón que nos dedicaremos a estoutro silencio menos profundo e complicado e definido como ausencia de son, ou, para dicilo sen máis preámbulos, á falta de ruídos. Seguir lendo Silencio e saúde

Joan Margarit

315LhkbtBSL._BO1,204,203,200_Fidel Vidal. Toda dor é un recordo da nosa elevada condición” (Novalis). A morte dun fillo é moito máis ca un trauma, é unha insoportable amputación. Algo inesquecible. Que significa iso de superar unha morte e sobre todo a dun fillo? Estamos ante unha perda insalvable. Peor ou mellor, vívese coa pena. Porque toda perda significativa devén en depresión, en tristeza e dó, en opresión interior que nos leva ao abandono acompañado dun sentimento de culpa sen ser culpables de nada. A sublimación como defensa é quen de aliviar a tensión e a rabia anoadas na alma mediante a descarga creativa. Seguir lendo Joan Margarit