Fidel Vidal. O dous de novembro deste 2019 faleceu Marie Laforêt aos oitenta anos de idade. Non podo senón lembrar que nos meus anos de mocidade e adolescencia foi unha icona da muller fermosa de quen todos ficamos namorados; a imaxe ideal, mesmo no sentido relixioso, de adoración, pois falamos dunha imaxe Seguir lendo Marie Laforêt, vítima dun crime
Arquivo da categoría: Fidel Vidal
Inseminación artificial: a cánula áurea
Fidel Vidal. Ante a imposibilidade dalgún feito, de algo que non podía ser, un recordado amigo replicaba: “O que non pode ser é parir sen foder”. Hai parellas sen descendencia acudindo á praia da Lanzada por aquilo das nove ondas, por ver se prendía, e mulleres como a veciña de enfronte que empreñaba só con pór ao clareo os calzóns do seu home. Desde a inseminación artificial até a fecundación in vitro, a cousa mudou espectacularmente. Seguir lendo Inseminación artificial: a cánula áurea
Arte e pudor: os espidos de Dodsworth
Fidel Vidal. O pudor, do latín pudoris (vergonza, recato, honestidade, honor, moralidade), deriva do verbo pudere (avergonzarse, rexeitar por vergonza), e xera vocábulos como púdico, impúdico, pudibundo ou repudio. Segundo o dicionario da academia galega, defínese como “sentimento de vergonza que pode ter unha persoa en cuestións relacionadas co sexo ou coa exhibición de certas partes Seguir lendo Arte e pudor: os espidos de Dodsworth
Accidente laboral
Fidel Vidal. Causa unha forte emoción contemplar O albanel ferido, un cadro de Goya onde un home caído dun andamio é levado en brazos por dous compañeiros, como o lenzo Aínda din que o peixe é caro!, de Sorolla, no que dous mariñeiros atenden abordo un mozo accidentado. Sen se referir ao tema laboral, estes versos do poema O Accidente escrito por Rafael Alberti, veñen ao caso: Y al fin el accidente inesperado,/ el golpe oscuro de la desventura,/ el ciego encontronazo, la segura/ clara certeza de que te han matado. Seguir lendo Accidente laboral