Marie Laforêt, vítima dun crime

descargaFidel Vidal. O dous de novembro deste 2019 faleceu Marie Laforêt aos oitenta anos de idade. Non podo senón lembrar que nos meus anos de mocidade e adolescencia foi unha icona da muller fermosa de quen todos ficamos namorados; a imaxe ideal, mesmo no sentido relixioso, de adoración, pois falamos dunha imaxe, neste caso dunha imaxe en movemento e con voz dun filme que deixou pegada, A pleno sol, dirixido por René Clément, e interpretado ademais de Marie Laforêt, por Alain Delon e Maurice Roné. Tiveron que pasar corenta anos para que “a nena dos ollos dourados”, indignada ante a proliferación de escándalos pederastas”, decidira falar do pesadelo que “atormentou toda a súa vida”.

A violación non só se enmarca no ámbito do inesperado senón e sobre todo no do impensable. Desde o punto de vista psicolóxico -exista ou non penetración-, trátase dun acto de violencia. No caso dos pederastas engádese o poder que teñen sobre o menor tanto física como moralmente. Lembremos ao respecto os abusos nos internados en colexios de curas, sen esquecer que tamañas perversións tamén se dan dentro da esfera familiar ou por íntimas amizades valoradas como da familia. Para a nosa sorpresa e desgraza velaí por onde se move maiormente o perfil daqueles que cometen tan desalmados crimes como é o de rachar a inocencia dun corpo infantil e indefenso.

Os nenos e as nenas vítimas de tal ignominia fechan a boca e mesmo permanecen mudos, sen palabras, ante o asombro e a dor que o suceso causa nas criaturas. O pánico e o medo moitas veces advertido por ameazas do violador. E soportan ese enorme peso até que un bo día son capaces de vomitalo. Por iso mesmo, por non ser quen de o dicir, vai engadirse ao sufrimento un novo padecer: o sentimento de culpa, cando unicamente son pura inocencia. Nunha entrevista con Philippe Berti, Marie Laforêt revelou que fora violada aos tres anos de idade por un veciño elegante amigo dos seus pais.

616pujxDJgL._SX355_Toda a miña vida carguei con isto”. “Quizais é por iso que non falo ao respecto con detalle. Porque supuxo un estado de culpa e de problemas durante tanto tempo …” Un dia, de súpeto, como un flash, reviviu a escena, e foi quen de “exteriorizar todas estas imaxes dolorosas que saíron de min. De aí a importancia de poder falar cando unha sufriu experiencia semellante”. E recordou. “A miña mente volveu á escena do crime, atrévome a dicir. E alí recordei o nome do cabaleiro, o cuarto, a cor dos seus pantalóns, o seu aspecto físico. Recordaba todo absolutamente. O que me provocou unha crise de pranto que durou tres días e tres noites”.

O máis revelador da entrevista é cando Berti lle expresa que o sucedido foi un crime contra unha nena. Ao que, dun xeito altamente esclarecedor Marie Laforêt responde: “É un crime (…) Primeiro, está o feito insoportable de lle impor algo contra a súa vontade. Pero hai unha violencia aínda máis complexa e insidiosa. Debe entenderse: o primeiro día que o home veu ao meu cuarto, pensei que era unha boa visita (…) Até que me din de conta que era un asalto. Entón gritei e o home colleu a almofada para afogarme. Vendo que a miña vida estaba en perigo, decidín calar. De aí naceu a miña culpa. A elección da impureza… Como se houbese conivencia.” (París Match, 21 xaneiro 1998).

3 comentarios en “Marie Laforêt, vítima dun crime

  1. Preciosa frase te ha salido, ingenioso Fidel: “o sinxelo feito de vivir leva consigo a oración”. He robado unas cuantas de tu último libro para adornar con ellas una de mis libretas. Espero que cuando eche mano de alguna, no me lo tengas en cuenta. Me encantará decir que son de tu propiedad.
    Eres un ArqUItEctO de la palabra.

    Castos biquiños.

  2. Angustioso tema, querido Fidel. Ojalá que todos los que conozcan algo así, tomen la resolución de desenmascarar al que tuvo la osadía de ejecutar tan impío latrocinio ya que la mayoría de veces, la pequeña protagonista por temor, es incapaz de hacerlo.

    Recuerdo la película “Apleno sol” anunciada en el cuadro del pórtico de la iglesia para recordarnos con sus tres rombos que no nos estaba permitido asistir a ella, de lo cual hacíamos caso omiso pensando ya en confesarnos luego con un cura “progre” que no tuviera en cuenta tal malignidad, o por el contrario, hacerlo con uno muy viejecito que se quedaba dormido en el confesonario, y cuando oíamos su estrépito onírico, sabíamos que el pecado gordo podía soltarse ya. ¡ Ay, Dios mío ! que escondido estaba esa “propósito de la enmienda”.

    Un casto besazo, querido y admirado Fidel.

    OÍR ES RARO, ORAR, SERIO. Eso me lo dijo un día el AbUElItO.

    1. Si, Magdalena, é un tema moi angustioso, especialmente para quen o padece. Un asunto que abonda máis do que a xente pensa. Algo terrible que se vive en tremente silencio.
      Naquela hora, a de asistir ao cine para ver a película -dun suspense que non se pode contar e que seica non lle gustou nada a Patricia Highsmith, autora da novela, pero non por iso deixou de eloxiar-, naquel tempo, digo, descoñeciamos o sufrimiento da nosa estrela. Entón a mirada sería distinta.
      Ten razón o teu avó, que oír é raro, especialmente referido ao escoitar, pero con respecto de orar e por respecto ao avó, non vou contradecilo, xa que logo o sinxelo feito de vivir leva consigo a oración. Sen máis ladaíñas a engadir.
      Un pracer, como sempre. Saúde e un castazo bico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>