Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Do verde como mensaxe

alfombra-de-hierba-verde-oscuro-100x300-cm-miniatura-heki-30913Fidel Vidal. “Verde, verde (…) Entre mim e o verde, a água do ar. A verde água do ar” (Clarice Lispector, A Paixão segundo G. H.). En canto dicimos verde axiña pensamos na herba fresca ou no efebo inmaturo. Mesmo na mirada pícara dun vello verde. Do latín viridis, vigoroso, vivo, mozo, resulta un termo complicado, xa que logo sendo unha cor ligada á serenidade e á esperanza, á boa saúde, tamén está relacionada cos velenos e coa morte. Seguir lendo Do verde como mensaxe

De manchas amarelas

depositphotos_6782299-stock-photo-sun-painted-by-childFidel Vidal. John Christie: “Ti dixeches: ‘É como se todas as cores (e en particular as puras) agardasen a espirse ou ser espidas’. “Quizais a cor ouro, que é especial (asociado á maxia e o sacro), é a única que está espida desde o principio”. John Berger: “Grazas polo ouro (…) A goma xaponesa é como o mel, non si? Será o mel o equivalente vivo do ouro?” Seguir lendo De manchas amarelas

Baleiro en azul

51019Fidel Vidal. O azul, segundo Michel Pastoureau (Breve historia das cores, 2006), é a máis “razoable” de todas as cores. Despois da mala sona na Antigüidade –en Roma, os ollos azuis delataban unha muller como de mala vida-, e mesmo esquecido, tanto que nin se consideraba cor. Para establecer un vocabulario houbo que buscalo fóra, “en palabras xermánicas (blau) e árabes (azraq)”. En castelán antigo dicíase azur, do árabe lazawárd ou lapislázuli, sinalando a cor azul do mineral. Mais como a Virxe vive no Ceo, os artistas do medievo vestirana de azul. Dese xeito, pola influencia relixiosa, o azul gañou adeptos e foise convertendo ao longo da historia nunha cor de elección, en especial en Europa, no Occidente en xeral. Seguir lendo Baleiro en azul