Arquivo da categoría: Fidel Vidal

Carvalho sempre, de Luís G. Soto & Tareixa Roca

31x9ZYWRRGS._SX329_BO1,204,203,200_Fidel Vidal. Carvalho sempre. Alustres de vida e obra (Espiral Maior, 2020), é un libro meditado e rigoroso. A primeira parte, de Tareixa Roca, Momentos de vida, resume de forma substancial a biografía de Carvalho. Refírese fundamentalmente aos anos de formación en Santiago, os da república, a guerra civil, o seu procesamento por “auxilio á rebelión” que o levou ao cárcere franquista de Xaén; o retorno a Ferrol, a etapa do colexio Fingoi de Lugo, o período de profesor na Universidade, así como a produción literaria e actividade intelectual. Seguir lendo Carvalho sempre, de Luís G. Soto & Tareixa Roca

Miguel Hernández, 2 contos

AA8.tmpFidel Vidal. Dar con esta obra causou en min fonda emoción e unha sensación de tenrura. Trátase de do libro de Miguel Hernández 2 cuentos. A editorial Palas Atenea de Madrid presentou en 1988 unha edición numerada en dous volumes, como un díptico. O primeiro vén asinado por José Carlos Rovira baixo o título Últimas ausencias para un neno (Algunhas notas a dous contos traducidos por Miguel Hernández) no que, ademais de reproducir os contos, fai unha análise comparativa coa poética de Hernández; e o segundo volume é un exemplar en edición facsímile dos “2 cuentos”, “inéditos, traducidos e ilustrados por Miguel Hernández”. Seguir lendo Miguel Hernández, 2 contos

Consumir e (é) consumirse

450_1000Fidel Vidal. “Sempre se creu -é a ideoloxía mesma dos mass-media- que son os media os que envolven as masas. Pescudouse o segredo da manipulación nunha semioloxía encarnizada dos mass-media. Pero esqueceuse, nesa lóxica inocente da comunicación, que as masas son un médium máis forte que todos os media, que son elas as que os envolven e os absorben -ou que polo menos non hai ningunha prioridade de un sobre outro. Seguir lendo Consumir e (é) consumirse