Arquivo da categoría: Pilar Sampedro

Dúas mulleres no CGAC. Dúas propostas relacionadas co país (I) Eva Lootz

eva_lootzPilar Sampedro. A arte nos museos públicos está a disposición de todos. Todas temos dereito a acceder a ela, a gozar coa súa visión e a aprender co que nos achega. Por iso, ten sentido que falemos das exposicións que neste momento mostra o Centro Galego de Arte Contemporánea. Dúas exposicións de mulleres ás que separan vinte e cinco anos, unha delas Eva Lootz, nada en Viena e residente en España desde o 1968; outra, Berta Cáccamo, de Vigo, da familia dos Álvarez Limeses e Álvarez Blázquez, sagas comprometidas que honran e engrandecen o país. Seguir lendo Dúas mulleres no CGAC. Dúas propostas relacionadas co país (I) Eva Lootz

Castelao, Día da Arte Galega 2016

castelao1Pilar Sampedro. Pasou o día, transcorreu o ano. Un par de exposicións, un par de actos, un par de conferencias, … e para algúns ha de ser suficiente. O Día da Arte Galega nace na estela do Día das Letras Galegas, unha conmemoración que, pese a quen pese, conta xa cunha tradición que nos vai levando cada ano, a pesar de a quen se dedique; no adecuado ou non da  elección aumentan ou diminúen as celebracións, pero a nao vai soa. A Real Academia Galega (RAG), a escola, as institucións e asociacións, os concellos, os medios de comunicación, as editoriais,… tiran polo Día das Letras. Noutros casos, como o que agora nos ocupa, hai que traballar duro para conseguilo, se non nos conformamos con pouca repercusión. Seguir lendo Castelao, Día da Arte Galega 2016