Pilar Sampedro. Hai palabras que se unen en correntes subterráneas que se mesturan nas profundidades. Estou pensando en texto e téxtil ao que se ten referido Irene Vallejo facendo mención a como as mulleres, ao tempo de coser ou tecer, contaban as historias que ían pasando de boca en boca. Seguir lendo Literatura e territorio
Arquivo da categoría: Pilar Sampedro
263 mandas para Isaac

Pilar Sampedro. Porque “manda” é un agasallo, unha doazón, un legado… aí están as 263 mandas que se envían a Isaac polo correo da inmortalidade.
Porque manda é o que se pode coller, dunha vez coas mans, aquí está este monllo de obras que van dende as pinturas e esculturas ás fotografías e instalacións, dende as pezas musicais e as artesanías de todo tipo (pezas de xoiería, téxtil, cerámica…) á escrita en forma de narración, poesía, ensaio… e outras de difícil enmarque.
Porque manda tamén é un grupo que vai xunto, é dicir, un conxunto de elementos, aí os estamos, todas e todos os que detiveron o seu andar para dedicarlle un tempo ao Isaac. Seguir lendo 263 mandas para Isaac
O CASTRO, tamén na orixe da LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega)
Pilar Sampedro. Dende o 30 de decembro está en Santiago esta exposición, que se inaugurou xustamente antes de que rematara o 2020, centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo. A exposición, comisariada por Heitor Picallo e deseñada por Martiño Picallo, está na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes), nunha sala que pode parecer humilde, igual que a exposición que consta de tres vitrinas con libros e 10 paneis coa información temática. Con todo, o lugar é o máis axeitado que se podería atopar para Isaac, no fogar das asociacións, alí onde debe residir a sociedade civil e onde el estaría a gusto por ser un digno representante desa sociedade activa. Seguir lendo O CASTRO, tamén na orixe da LIXG (Literatura Infantil e Xuvenil Galega)
Neira Vilas no calendario do Libro e da Lectura
Pilar Sampedro. Ao comezar o ano fíxose público o calendario do Libro e da Lectura 2021, cunha imaxe de Javi Montes, na que unha moza camiñante leva sobre a mochila a biblioteca que a acompaña. Ao lado do Día da Ilustración (conmemorando o nacemento de Castelao), o Día da Edición (no nacemento de Ánxel Casal) aparece por primeira vez o Día do Lector/a coincidindo co nacemento de Neira Vilas. É unha boa nova porque Memorias dun neno labrego segue a ser un libro con múltiples edicións dentro no noso sistema editorial (25 edicións e 100.000 exemplares en Ediciós do Castro, por poñer un exemplo) Seguir lendo Neira Vilas no calendario do Libro e da Lectura