Arquivo da categoría: Ensaio

Touros en Ribeira

150px-Pasepecho_Cordobes_croppedFidel Vidal. En Ribeira, que eu recorde, xamais se viu unha corrida de touros. Os afeccionados a semellantes eventos, para satisfaceren os anhelos e celebrar, en vivo e en directo, a morte dun touro pola espada dun matador, previamente amansado chimpándolle un par de sacos de area segundo vai polo corredor e, xa na praza, un picador a lanzadas para despois marealo con capote e muleta, acudían a Pontevedra pola Peregrina, ou a Noia polo San Marcos. Non contando con praza axeitada, sexa esta fixa ou portátil, o que si había en Ribeira era unha “Peña” de afeccionados que idolatraban -non sei se esta é a expresión correcta- Seguir lendo Touros en Ribeira

Manuel López Rodríguez, poeta de Noia

O Escritor. Nas_pulsacionsPastor Rodríguez. Nacido en Noia en 1978, membro do colectivo Sacou, responsable da editoria Acha Escrava, da plataforma A Lanzadeira de Alcor, e fotógrafo. En 2008 publicou Antítese narrativa. En 2020 acada os seus maiores éxitos e é cando publica Rompe, Vangarda ule, II Premio de Poesía Eduardo Pondal, e Desde non nace, VIII Premio de Poesía Manuel López Ardeiro. Entre outros premios, foi galardoado co Premio Suso Vaamonde, co Premio Ánxel Casal e co segundo premio no Leiras Pulpeiro. Tamén en 2020 obtivo o XXII Premio de Poesía Concello de Carral coa obra Nas pulsacións, editada por Espiral Maior en 2021. Seguir lendo Manuel López Rodríguez, poeta de Noia

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXX. Inés de Castro e Vélez de Guevara

022Román Arén. Se hai un mito literario galego, ademais de Macías e Rosalía de Castro, ben famoso, é o de Inés de Castro, que vencella Galicia e Portugal, como ben escribiu Otero Pedrayo. Esta limiá establecida en Portugal, amante do príncipe don Pedro, foi asasinada por orde de Afonso IV o 7 de xaneiro de 1355. Entro na morte e na gloria literaria, pois en 1367, proclamado rei don Pedro, mandou exhumar o seu cadáver para que fose honrada como raíña e de aí veu o de “reinar despois de morrer”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXX. Inés de Castro e Vélez de Guevara