Francisco Ant. Vidal Blanco. Ó parecer, esta semana Xulio foi atendido da gripe que non dá sacado do lombo por un tal doutor Andrade, quen non o recoñeceu a pesar de que foron veciños e amigos de infancia. Nin se decatou das moitas indirectas que lle soltou para retornarlle a memoria; e por non recoñecer nin sequera tivo un aceno cando citou as rúas, as casas e os veciños a que Xulio fixo referencia constantemente. Seguir lendo A memoria voluble
Arquivo da categoría: Ensaio
A casa xunto ao volcán
Mercedes Rodríguez Fraga. Dicía noutra ocasión neste mesmo blog que a primeira novela de X. Ricardo Losada, Bótame deste mar fóra, era unha mostra do carácter «humano, demasiado humano» do autor, ao tempo que parafraseaba o título dunha obra de F. Nietzsche.
Non se equivocaba X. Ricardo na presentación da súa última novela en Rianxo cando dicía que Nietzsche espertaba paixóns no seu alumnado de Filosofía. Por ese motivo, decidiu escribir sobre como a protagonista, unha alumna do IES Félix Muriel, construía a súa casa xunto ao volcán. Seguir lendo A casa xunto ao volcán
Foucault, unha Historia incompleta
Fidel Vidal. A Historia pódese escribir coido que con maior veracidade contando os avatares dos excluídos e marxinados, da xente anónima, en vez daqueloutra (propia dos libros de texto) cargada de fachenda e de poder, a dos amos que se encargan precisamente de clasificar, condenar e encarcerar. A outra, a que vai de encerrados e ignorados, descubre verdades ocultas, a realidade, como ben demostra Michel Foucault describindo o destino de dementes e presos –médicos e policías collidos da man-, na Historia da Loucura, unha arqueoloxía semántica e social dos tolos, ou en Vixiar e castigar, onde no cárcere, igual que no manicomio, o “panóptico” aparece como un avance estrutural. Seguir lendo Foucault, unha Historia incompleta
Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXV. Un postista: Carlos Edmundo de ORY
Román Arén. Grosso modo, na poesía española de posguerra poden facerse tres grupos, prescindindo de matices e individualizaciones: formalistas (ou “garcilasistas”), enraizados (o crupo de <Espadaña> e logo social-comprometidos) e vangardistas (os prosistas). Carlos Edmundo de ORY (Cádiz, 1923) é o máis coñecido destes últimos, xunto con Chicharro Briones e Gabino-Alejandro Carriedo. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXV. Un postista: Carlos Edmundo de ORY