Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXV. Un postista: Carlos Edmundo de ORY

unnamedRomán Arén. Grosso modo, na poesía española de posguerra poden facerse tres grupos, prescindindo de matices e individualizaciones: formalistas (ou “garcilasistas”), enraizados (o crupo de <Espadaña> e logo social-comprometidos) e vangardistas (os prosistas). Carlos Edmundo de ORY (Cádiz, 1923) é o máis coñecido destes últimos, xunto con Chicharro Briones e Gabino-Alejandro Carriedo.

Fillo dun poeta entre o modernismo e o posmodernismo, Eduardo de Ory (1884-1939), viviu varios anos en París e un dos mellores coñecedores da súa obra, o recentemente falecido Rafael de Cózar, divide a súa obra en tres etapas: o postismo, o introrrealismo e o Atélier de Poésie Ouverte, que fundou en Amiens en 1968. modernidade, universalismo e, parcialmente, surrealismo. Nada de anécdota. Pero Devicki, máis prosaico, escribirá que a poesía de Ory é barroco máis surrealismo máis xogos de palabras.

Fundou, con Sernesi e Chicharro, o Postismo en 1945, pero o seu primeiro libro, Las patitas de la sombra (1944), xa anunciaba unha voz moi persoal e anovadora. Logo virían, ademais de narrativa, ensaios e aforismos, obras poéticas como Versos de pronto (1945), Técnica y llanto (1971), Metanoia (1978), La flauta prohibida (1979), Nabla (1982), Soneto vivo (1988) e El desenterrador de vivos (2007).

Moi amigo de Camilo José Cela, en 1971, e na revista <Artesa> dedicoulle o poema “Homenaje en honor del poeta Camilo José Cela”, que logo recolleu en Metanoia. Texto extenso, cheo de forza e humor, con imaxes anovadoras, selecciono os primeiros versos e os derradeiros:

Camilojosecela tú eres una estatuilla / de ceniza y tú sabes lo que digo con eso / Eres un perro viejo detrás de una perrilla / No obstante tienes algo de hierofante tiese / y de bastón de mando y de aire de orquesta /y sin duda también de cabeza con seso / o por mejor decirlo de ecuménica testa / de dinosaurio un poco Buey Apis si quieres / aunque más bien opino que de Boyero en fiesta / Sin embargo yo canto tus hondos menesteres / tu transparente orina de faquir tus sencillos / orificios nasales oliendo a las mujeres… // Es de noche he rezado con mucha picardía / me cago en los cerúleos serafines afines / a los misterios de la franc-des-astrología / ¡Adiós! ¡Lléname el alma de tus vastos orines! /¡Llénamela de lágrimas horribles y de lodo! / ¡Yméteme en la boca tus santos calcetines! / En fin yo soy un triste hombre que canto y jodo.

carlos-edmundo-de-oryO poema, mellorado na versión de 1978, está datado o 1 de setembro de 1946, pero non creo que fose publicable nesa data.

Consta que, cando menos, Ory estivo en Galicia en xullo de 1954, asistente ao terceiro Congreso de Poesía celebrado en Compostela, no que estiveron tamén os galegos González Garcés, Iglesia Albariño, Manuel María, Castroviejo, Filgueira, Pura Vázquez e Gamallo Fierros, pero tamén outras figuras importantes: Gerardo Diego, Celaya, Carmen Conde, Cremer, Fuster, Leopoldo de Luis, Morales, Perucho, Carles Riba, Rosales e algúns estranxeiros como Vandercammen e Alain Bosquet.

Un comentario en “Galicia e os galegos na poesía castelá CXXXV. Un postista: Carlos Edmundo de ORY

  1. Bos días, apreciadísimo Suso:
    Un verdadeiro pracer ler os teus textos falando sempre de Galicia e os galegos, como tamén foi o atoparte na Cidade da Cultura contigo e comprobar o moito que te estiman os alumnos.
    Cariñosos saúdos palmeiráns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>