Ignacio Castro Rey. Confesa que o apaixonan, un dos motivos do seu recente La gran caída, aqueles actores famosos que na súa vida cotiá son menos que invisibles. <Atopeime con moitos deles así, cos que podes tomar un café sen ser molestado. Habita neles unha enorme soidade, a soidade sen fondo do que encarna outras vidas> (La Vanguardia, 21/12/2014). O comunismo afectivo do escritor non é tamén este: debido a pensar a soidade común na vida dos outros non pode practicar esa furiosa selección permanente que apontoa unha identidade social recoñecible, polo que queda unha e outra vez bastante só? Todo o mundo lle quere, pero a distancia; ninguén quere convivir preto del. Seguir lendo O medo do día ao murmurio (II)
Arquivo da categoría: Ensaio
O medo do día ao murmurio (I)
Ignacio Castro Rey. <Cando caeu a primeira neve comezamos a coñecernos mellor> (M. Crnjanski). Justicia para Serbia. O de menos son os escándalos sexuais que o ano pasado saíron á luz na Academia Sueca. Perdoariámolos, xa que polo menos indicarían que estes señores son humanos e quédalles aínda algo de sangue nas veas. O asombroso é a pretensión de manter a nivel mundial “motivos estritamente literarios” que cubran o planeta e seleccionen nel o canon literario do que vale e o que non. É isto o aberrante, probablemente tan daniño como a lexión de mortos que deixou detrás súa a invención da dinamita polo venerado enxeñeiro de armamento Alfred B. Nobel. Seguir lendo O medo do día ao murmurio (I)
Accidente laboral
Fidel Vidal. Causa unha forte emoción contemplar O albanel ferido, un cadro de Goya onde un home caído dun andamio é levado en brazos por dous compañeiros, como o lenzo Aínda din que o peixe é caro!, de Sorolla, no que dous mariñeiros atenden abordo un mozo accidentado. Sen se referir ao tema laboral, estes versos do poema O Accidente escrito por Rafael Alberti, veñen ao caso: Y al fin el accidente inesperado,/ el golpe oscuro de la desventura,/ el ciego encontronazo, la segura/ clara certeza de que te han matado. Seguir lendo Accidente laboral
Semellanzas

Francisco Ant. Vidal Blanco. Non somos únicos nin estamos sós. Os nosos medos e alegrías son semellantes a moitos outros noutros puntos do planeta e da historia. As modas, modos, usos e costumes transmítense de pobo en pobo, cópianse, adáptanse e mellóranse no día a día. E iso tamén forma parte da evolución. Podemos ser diferentes pero non dispares. Seguir lendo Semellanzas