Pilar Sampedro. Houbo un tempo no que chegando o verán a Compostela asistiamos a un festival de danza ao aire libre. Tratábase de En pé de pedra, organizado polo grupo de teatro Matarile con sede no teatro Galán, xa desaparecido. Si, tamén desapareceu a mostra que se anunciaba cunha música que nos congregaba –igual que os nenos e nenas de Hamelín– para asistir ao espectáculo Seguir lendo Danza na cidade
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVIII. O Marqués de Lozoya
Román Arén. O segoviano Juan Contreras e López de Ayala (1893-1978) foi moi coñecido como historiador da arte, xa que de 1946 a 1963 foi catedrático de Arte Hispanoamericana, membro da Real Academia da Historia e da de Belas Artes de San Fernando e autor de obras como El arte gótico en España (1935) e a Guía de Segovia (1957). Pero el mesmo recoñecía que a súa verdadeira vocación fora a de poeta, e así publicou obras como Poemas arcaicos (1913), Poemas de añoranza (1915), Poemas castellanos (1920), Romances del llano (1924), Sonetos espirituales (1925) e Cantar de las tierras altas (1928). Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXXVIII. O Marqués de Lozoya
Felisberto Hernández
Fidel Vidal. “Se non tivese lido as historias de Felisberto Hernández en 1950, hoxe non sería o escritor que son” (Gabriel García Márquez). “O que fai que o xuízo da posteridade sobre o individuo sexa máis xusto que o dos seus contemporáneos, reside na morte. Un non se desenvolve a xeito senón despois de morto…”, di Barthes a propósito de Kafka, segundo lembra a poeta Ida Vitale (Premio Cervantes 2018), que aproveita para subliñar o caso do seu paisano, o uruguaio Felisberto Hernández (1902-1964), escritor capaz de nos dar unha perspectiva “para interpretacións freudianas e aínda lacanianas, que orixinarían quizais rexeites apresurados”. Seguir lendo Felisberto Hernández
Praga infiel
X. Ricardo Losada. Deixa que outra novela te guíe é o título dun artigo que recomenda viaxar a grandes rutas ou cidades inspiradas pola literatura. O Estocolmo de Millenium, o deserto xordano de Os sete piares da sabedoría, o Comala mexicano de Pedro Páramo, a Praga de A insoportable levidade do ser, o Tokio de Murakami, o sur de Inglaterra de Jane Austen, O Cairo de O calello dos milagres Seguir lendo Praga infiel