Arquivo da categoría: Ensaio

Emocionarte

X. Ricardo Losada. Normalmente escribo os meus textos sen un obxectivo definido. Pero hoxe vou facer unha excepción. Intentarei emocionarte, cunha dificultade engadida: que saibas que estou intentando emocionarte. Para iso, antes tes que prometerme que, leas o que leas, gústeche ou non o tema, chegarás ata o final e, deseguido, sen pensalo nin racionalizalo, dirás con total sinceridade se conseguín o meu obxectivo: Seguir lendo Emocionarte

Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVIII. Vagos ecos no duque de Rivas

04-angel_de_saavedra_duque_de_rivas_sRomán Arén. O duque de Rivas, Ángel Saavedra Ramírez de Baquedano (1791-1865), cordobés, é unha das figuras salientables do Romanticismo español, tan serodio, pero pervive pola peza teatral Don Álvaro o la fuerza del sino (1835), aínda representada en 1983 e reeditada sempre, e por algúns dos seus romances históricos nas antoloxías. Menéndez Pelayo, con sutileza, dicía que o seu talento era fundamentalmente o dun narrador, quer na poesía, quer no teatro. Non ía de todo desencamiñado, pois domina ben os elementos narrativos. Tamén foi poeta lírico, primeiramente entre o neoclasicismo e o rococó, e logo vagamente romántico en poemas como “O faro de Malta”. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CLXVIII. Vagos ecos no duque de Rivas

Bo tempo, de Alberto Díaz, a propósito de Raimundo Patiño

bo-tempo-c1fs-komic-libreriaPilar Sampedro. O 30 de xaneiro, cando o calendario das Letras nos trouxo a Raimundo Patiño, un dos carteis de ilustradores que o celebraban era o de Alberto Díaz, un mozo que sen ser galego tiña conectado co mundo de Patiño na súa esencia ideolóxica e artística. El representa “O xuramento de Laracha” nunha imaxe bicolor desa noite cos catro mosqueteiros subidos aos cons pondalianos.

Conta a historia dun neno que coñece ese estraño creador e activista, que era Raimundo Patiño, a través dun tío pintor. E esta historia vai ser a que dea lugar ao cómic Bo tempo, na cuberta do cal vemos, de novo en bicolor Seguir lendo Bo tempo, de Alberto Díaz, a propósito de Raimundo Patiño

Murmurios (de) ausentes, de Xabier L Marqués

O Andel. Murmurius_de_ausentesFidel Vidal. O comezo da obra de Xabier L. Marqués (Murmurios (de) ausentes, coidada edición a cargo de Pastor Rodríguez, 2021), desde o seu primeiro verso fainos axustar o dial para non perder palabra: Tería que ser a vida tan interesante como se nos dixo? (p. 5). Mais, por seguir o protocolo -proto-colo, resumo pegado con cola como primeira páxina-, vén ao caso partir do verdadeiro principio, quer dicir, da mesma portada, do título que o autor lle dá a este libro. Murmurio, do latín murmurare, “dise da corrente das augas e tamén do vento, das follas”, “son brando e pracenteiro”. Murmurios, coa s tachada. Murmurar tamén significa falar mal de alguén. Aí estamos: Ti, si, ti: aquel que sabe por que bisbaban tras da porta do salón todo ángulo escuro. Ás toas. Seguir lendo Murmurios (de) ausentes, de Xabier L Marqués