Fidel Vidal. Etimoloxicamente cama significa “leito no chan”, de legh, “estar deitado”. Mais non estamos a falar desa focha onde repousar ou gardar e criar unha camada senón da cama como moble, e este como obxecto de inspiración artística ou mesmo como obra de arte. Seguir lendo A cama de Tracey Emin
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá CXIX. Ecos de Compostela e o Camiño
Román Arén. O camiño de Santiago, a peregrinación, está moi presente na literatura europea (e mesmo máis aló), pero, como é lóxico, está moito máis evidente na poesía castelá, xa dende a Idade Media, e o Romanceiro amósao ben claramente. O problema do “romanceiro galego” é difícil e motivo de controversia, que eu evito, xa que acollo romances non recollidos entre nós. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXIX. Ecos de Compostela e o Camiño
Elas tamén xogan
Antón Riveiro Coello. Á pregunta dun periodista sobre se o City podía ser o primeiro equipo inglés en acadar un triplete, Pep Guardiola respondeu que esa posibilidade só se daba no masculino porque un equipo feminino xa o lograra. A resposta converteuse en noticia e, unha vez máis, puxo o foco na desigualdade que os medios de comunicación constrúen a diario dándolle máis valor a un adestramento de Messi que ao éxito dunhas xogadoras de baloncesto nun Campionato do Mundo, por poñer só un exemplo. Seguir lendo Elas tamén xogan
Adestrando asasinos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Non fai falta poñerlle a un neno unha pistola na man para convertelo nun asasino. Basta un pequeno acto, un inxenuo xogo entre pai e fillo para ver como a máis inocente actitude sen pretender facer dano, se volve amoral; ou así o entendín despois de ler un dos contos que forman parte do libro Dez, do autor italiano Andrej Longo. Seguir lendo Adestrando asasinos