Agustín Agra. Afonso é o responsable. Foi el quen me puxo sobre a pista. Cando ma amentou, coidei que sería un bo título para un conto. A concisión e sonoridade da frase, A lesma de Kerry, sumadas á dose de intriga resultante da combinación das dúas palabras: a dun molusco que provoca repugnancia en moitos humanos Seguir lendo A lesma de Kerry
Arquivo da categoría: Ensaio
Un bisté con patacas
Fidel Vidal. Non son o único que despois de pasada non máis dunha semana fóra da casa, e refírome a estar no estranxeiro, bota de menos a nosa cociña. Seguir lendo Un bisté con patacas
O disparate
X. Ricardo Losada. Di Juan Villoro que o disparate é unha venturosa forma de malentendido e pon como exemplo algúns momentos das conferencias do escritor mexicano Carlos Monsiváis. O auditorio estaba tan predisposto a rir polo ocorrente que era o autor que ría a gargalladas cada vez que non entendía algo. Seguir lendo O disparate
Dúas visións auténticas sobre o feminismo
Gonzalo Trasbach. Terra de mulleres (Seix Barral) e Teoría King Kong (Random House) son dous libros que ofrecen senllas e auténticas visións, aínda que con tons e perspectivas moi contrapostas, do fenómeno feminista. María Sánchez (Córdoba, 1959), filla e neta de veterinarios, é a autora do primeiro título, un ensaio que no que fala sobre as mulleres no mundo rural, mentres que Virginie Despentes (Nancy, Francia, 1969) aborda de xeito agresivo e descarnado o mundo das mulleres, para o cal se serve da súa propia experiencia. Ela analiza sen pelos na lingua cuestións tan espiñentas como a violación, a prostitución ou a pornografía. Seguir lendo Dúas visións auténticas sobre o feminismo