Pastor Rodríguez. Unha das xeracións máis destacadas, canto a escritores, é a dos nados en Barbanza entre 1930 e 1940, é dicir, a que na literatura galega correspondería coa Xeración das Festas Minervais, que tamén se coñece como Xeración dos 50, á que pertencen Antón Avilés de Taramancos (1935-1992), Xosé Agrelo Hermo (1937-2006), Manuel Caamaño Suárez (1936), Xesús Santos Suárez (1936) ou Xosé Ramón Barreiro Fernández (1936), todos eles con importantes contribucións á literatura galega. Seguir lendo Manuel Betanzos, un poeta de Palmeira
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIII. Humor e vangarda: Francisco Vighi
Román Arén. O acercamento de Valle-Inclán ás vangardas con La pipa de Kif (1919), e máis concretamente ao Ultraísmo con “Estética de la mujer de color”, provocou as ironías de Risco e outros intelectuais coetáneos. Entre estes estaba Francisco Vighi (1890-1962), enxeñeiro industrial e poeta, que ás veces asinaba “Benito Baranda”. Comezou como poeta postmodernista, pasando logo ao ultraísmo, movemento no que salientou pola calidade e humor. Fixo hai-kais e caligramas e só recolleu a súa obra en 1959, Versos viejos. Republicano, estivo uns meses no cárcere e uns anos depurado como profesor, foi moi amigo de Ortega y Gasset, Unamuno, Gómez de la Serna e Valle-Inclán e foi Eugenio Montes quen fixo a súa necrolóxica. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXIII. Humor e vangarda: Francisco Vighi
Dous bidóns do lixo e un cadro na parede
Fidel Vidal. Lacan comeza o Seminario XVI escribindo no encerado: “A esencia da teoría psicanalítica é un discurso sen palabras”. Nesa ocasión utiliza o neoloxismo poubellication (xogo de palabras entre publication, publicación e poubelle, po, lixo, vertedoiro do lixo) e é cando, a partir diso, cita a Beckett Seguir lendo Dous bidóns do lixo e un cadro na parede
O efecto antiplacebo
Francisco Ant. Vidal Blanco. Un dos amigos con quen comparto parladoiro chegou este xoves todo compunxido. Foi facer unhas análises rutineiras e saíulle o indicativo da próstata no límite. Andou toda a semana buscando en Internet e témolo coa moral polo chan, convencido de que o máis leve que lle agarda é a amputación das súas partes virís. Seguir lendo O efecto antiplacebo