X. Ricardo Losada. Estou nun momento de especial alegría porque me acaban de dar unha boa noticia e, ao chegar á casa, nada máis abrir a carpeta de Filosofía para preparar unha clase, atópome con esta frase da moi grande poeta uruguaia Ida Vitale: “Existen os mortos-río, seres queridos que seguen con nós mentres os pensamos”. Deseguido me vén á memoria un deses recordos que me quedaron gravados hai moitos anos porque me produciron un enorme impacto emocional. Seguir lendo A banalidade do ben
Arquivo da categoría: Ensaio
Roubos sacrílegos

Francisco Ant. Vidal Blanco. Nestes tempos que corren, nin para crentes nin para curiosos, nin para amantes da arte nin para turistas entusiastas están abertas as igrexas, a non ser nesa hora escasa en que hai algún oficio, cando todo forasteiro é vixiado de preto pola veciñanza e está mal visto andar a sacar fotos mentres toda a parroquia está coas mans levantadas. Seguir lendo Roubos sacrílegos
Galicia e os galegos na poesía castelá. CXII. Máis ultraístas: Pedro Garfias
Román Arén. Da importancia do galego Eugenio Montes dan clara idea non só os seus textos nas revistas ultraístas, senón tamén o número significativo de poetas deste movemento que lle dedicaron poemas: Ciria y Escalante, Ernesto López Parra, Lucía Sánchez-Saornil, Joaquín de la Escosura, Pedro Garfias, Guillermo de Torre, Gerardo Diego, e xa superado o Ultra, Lorca dedicoulle unha das seccións do Poema del cante jondo (1931); mereceu tamén poemas de Emilio Mosteiro, colaborou con Borges no poema automático que enviaron a Tzara, foi amigo de Dalí e Buñuel, logo viría o falanxismo e o academicismo retórico de postguerra. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá. CXII. Máis ultraístas: Pedro Garfias
As alegrías de marzo
Pilar Sampedro. Hai uns días falabamos das penas e pesares por unha libraría que se pecha (Andel, en Vigo); hoxe queremos falar dunha que se mantén (Couceiro, en Santiago). A libraría Couceiro acaba de cumprir medio século termando dun comercio cultural. Pasando dunha zona da cidade á outra, da rúa de San Pedro ao ensanche compostelán, e de aí á praza de Cervantes. Toda unha casa dedicada ao libro, maioritariamente ao libro galego, despois de ter sido pioneira na comercialización do libro portugués en Galicia. Seguir lendo As alegrías de marzo