Arquivo da categoría: Ensaio

Espectáculo para ignorantes

img0Antón Riveiro Coello. Un podería pensar que hai algo infantil nunha parte da sociedade que se decanta por unha alternativa como Vox, aínda que só sexa para contestar unha enquisa. Se a mellor estratexia para unha formación política é falar o mínimo, iso significa que ten pouco que dicir ou moito que calar. E máis cando algúns políticos doutras formacións pasan o día esbardallando nos medios, dicindo hoxe, coa mesma convicción do día anterior, unha cousa totalmente diferente. Seguir lendo Espectáculo para ignorantes

Cus de mal asento

Roland_Barthes__La_mort_de_lauteurFidel Vidal. Segundo Barthes “o escritor moderno nace ao mesmo tempo que o seu texto; non está provisto en absoluto dun ser que preceda ou exceda a súa escritura, non é en absoluto o suxeito cuxo predicado sería o libro; non existe outro tempo que o da enunciación, e todo texto está escrito eternamente aquí e agora” (Roland Barthes, A morte do autor). O tempo do texto unicamente se pode acertar se vai axustado ao lugar que o describe, e este lugar será o centro: un tempo centrado nas palabras. Aí está Hamm para amosárnolo coa imposibilidade de dar con el, porque sabemos que se trata dun imposible ou, o que é o mesmo, dun sitio imaxinario a escoller: o centro son eu. Estamos a falar dos cus de mal asento. Seguir lendo Cus de mal asento

A árbore da vida, de Álvaro de la Vega

aasX. Ricardo Losada. Visito no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo a extraordinaria exposición A árbore da vida do escultor lugués afincado en Rianxo, e nun dos cumios da escultura galega actual, Álvaro de la Vega. A medida que me movo polos diferentes grupos escultóricos (376 figuras de madeira), recordo o asombro que me produciu hai moitos anos decatarme da inmensa variedade de xestos e posturas que tiñan os meus alumnos á hora de escribir nun exame. Pasei dúas horas fixándome nos detalles e como eses detalles configuraban mundos e psicoloxías diferentes. Seguir lendo A árbore da vida, de Álvaro de la Vega

Triste é o cantar que cantamos

andelPilar Sampedro. (Aos libreiros de Andel (que ademais apoiaban as asociacións de defensa do libro galego) en agradecemento por eses vinte anos facendo cultura e país). O peche da libraría Andel en Vigo tráenos, de novo, o mal aire, os ventos de Hamlet en Dinamarca, esa pena de non poder soster a casa de noso. Que as librarías pechen xa non é noticia, fechan cada día ao longo da xeografía cultural. Tanto nos acostumamos á súa desaparición que semella normal, algo esperado. Ata aí chega o noso conformismo ante esta sociedade do mercado salvaxe, sen límites. Seguir lendo Triste é o cantar que cantamos