Román Arén. Qué rara figura foi o sevillano Rafael Lasso de la Vega (1890-1950), bohemio e pretendido marqués de Villanova, que a miúdo se autotraducía do francés. Comezou a súa andaina de escritor co volume modernista Rimas de silencio y de soledad (1910), moi influído por Juan Ramón, para editar en 1918 El corazón iluminado y otros poemas e pasar logo ao ultraísmo. Amigo de Tristan Tzara, dos galegos Goy de Silva e Montes, redactou moitos dos seus poemarios para facerse un precursor da vangarda. En 1936, e en París, editou Pasaje de la poesía, con poemas en castelán e francés. Viviu en Italia, imprimiu Prestigios e Presencias con pés de imprenta falsos, falsificou prólogos e fíxose amigo de Jorge Guillén e Eugenio Montale. Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CXI. Outro ultraísta: Lasso de la Vega
Arquivo da categoría: Ensaio
Alejandro Sawa, un proscrito
César Alen. A óptica dominante para a avaliación en calquera faceta da vida, fundaméntase na dualidade éxito/fracaso. Este enfoque xera inevitables xuízos de valor, a formación de ideas preconcibidas e de etiquetas, que a longo prazo conforman os estereotipos. Baixo esta premisa a maior parte da poboación queda irremisiblemente descartada, relegada e esquecida. Ese podería ser perfectamente o caso de Alejandro Sawa, aínda que nesta ocasión, lonxe de ser un inconveniente cecais lle favorecera, porque este ostracismo completa á perfección o seu historial maldito, a súa carreira de bohemio irredutible, a consumación da súa propia lenda. Seguir lendo Alejandro Sawa, un proscrito
Cartas das heroínas, Ovidio en galego
Pastor Rodríguez. O século XXI é, para o galego, o século con máis presenza de Ovidio na lingua galega, dende que no ano 2001 Rodríguez Alberte editara a Arte de amar (Laracha, Xuntanza) e no 2004, en edición bilingüe, publicara Dobarro Posada as Metamorfoses na coñecida colección Clásicos en galego da Xunta de Galicia. Ese labor de amosar os clásicos grecolatinos continúao hoxe a editorial Rinoceronte na súa colección Vétera, que dirixe Raúl Gómez Pato, e onde xa estaba publicado outro volume que contiña a Arte de amar cos Remedios de amor. Seguir lendo Cartas das heroínas, Ovidio en galego
Tres minutos no aire, de Miguel Anxo Murado
X. Ricardo Losada. Non coñezo persoalmente a Miguel Anxo Murado, nin ganas teño. Estou seguro de que me ía decepcionar, xa que é imposible que estea á altura dos seus escritos. Compróboo unha vez máis co seu último libro, Tres minutos no aire, que recolle as súas colaboracións entre 2006 e 2009 no programa Diario cultural da Radio Galega, 83 pequenos ensaios, no sentido do seu admirado Montaigne: reflexións racionalistas sobre un sutil fondo de lirismo e ironía que mesturan nun todo desesperación e esperanza, desilusión e entusiasmo, paixón e frialdade. Nada máis recomendable para estes tempos de populismo e polarización que o libro dun escritor que renega do intelectual predicador e reivindica o intelectual escéptico. Seguir lendo Tres minutos no aire, de Miguel Anxo Murado