Arquivo da categoría: Ensaio

A liña recta da nosa bandeira

descargaX. Ricardo Losada. Cando sexa vella non quero parecer máis nova, dixo a actriz Anna Magnani, quero parecer máis feliz. Recordo esta frase ao ler o terceiro tomo da extraordinaria biografía Castelao. Construtor da nación do, para min, xa fillo adoptivo de Rianxo Miguel Anxo Seixas. Tras rematalo, tiven a impresión de que Castelao non morreu feliz, pero si novo. Moi novo. Non puido morrer feliz porque pasou os últimos anos de vida pobre, practicamente cego e cun cancro de pulmón que fixo del un hospital ambulante. Pero iso non foi o peor. Seguir lendo A liña recta da nosa bandeira

O xílgaro de Durrell

Agustín Agra. Pouco antes de eu cumprir 12 anos, e ante o incipiente interese que amosaba polas aves, meu avó apareceu pola casa cun agasallo inesperado: unha gaiola, que mercara nun dos postos que os días de feira se establecían na rúa do Curro, cun xílgaro no interior. Porén, a meirande sorpresa foi a de descubrir que o paxaro portaba arredor dunha pata un anel metálico no que aparecía inscrito un código numérico e o enderezo dun zoolóxico da illa de Jersey. Seguir lendo O xílgaro de Durrell