Fidel Vidal. Só o cego está cos ollos ben abertos/ Só o tolo pronuncia verbas claras. (Xavier Seoane, No ventre da cóbrega). Os lentes úsanse para mellorar a vista cansada ou afinar os ollos dun miope. Os escuros para evitar o dano que poidan causar os raios de sol e, cando non, para presumir. Mais, nun cego… Seguir lendo Lentes para cegos
Arquivo da categoría: Ensaio
Galicia e os galegos na poesía castelá CX. Un ultraísta, José de Ciria y Escalante
Román Arén. Qué foi o ultraísmo e qué o diferencia doutros ismos como o cubismo, o futurismo ou o creacionismo, non é cousa fácil de explicar e non hai acordo crítico absoluto. A súa prehistoria está na revista <Los Quijotes> (1915-1918) e o seu desenvolvemento vai de 1918 a 1925. O fundador foi, con algunha discusión, Rafael Cansinos-Assens (co pseudónimo Juan Las”) e o seu teórico máis importante Guilermo de Torre. No movemento, que abriu as portas da vangarda en España, militaron poetas importantes que logo foron por outros camiños: Gerardo Diego, Jorge Luis Borges, Adiano del Valle, Juan Larrea, Francisco Vichi, César González Ruano, Rogelio Buendía, Antonio Espina… Seguir lendo Galicia e os galegos na poesía castelá CX. Un ultraísta, José de Ciria y Escalante
Berenguel de Landoira e a muralla de Noia
Xerardo AgraFoxo. Cando o arcebispo francés Berenguel de Landoira recuperou a súa liberdade despois de estar 12 días detido nas escuras celas da catedral de Santiago, onde tivo que sacrificar un cabalo para matar a fame, dirixiuse ao Castelo da Rocha Branca e logo á fortaleza do Tapal de Noia Seguir lendo Berenguel de Landoira e a muralla de Noia
Unha das primeiras leccións da vida
X. Ricardo Losada. Visitei a Cidade da Cultura para ver a exposición Castelao maxistral. No vestíbulo a recepcionista preguntoume de onde viña e, ao revelarlle de Rianxo, mostroume un rito de complicidade que me encheu de orgullo. Un orgullo que foi a causa de que no último momento decidise facer a visita guiada, algo ao que sempre me nego. Infórmome previa e posteriormente, pero a visita a un museo enfócoa como un paseo polo monte ou por unha vila descoñecida. Sen que ninguén me guíe a mirada, o pensamento ou a emoción. Se na exposición chove, quero dicir que chove. Se na exposición mexan por min, quero dicir que mexan por min. Algo que, nas visitas guiadas, é moi difícil de conseguir. Seguir lendo Unha das primeiras leccións da vida